"Moita xente pequena, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas, pode cambiar o mundo"
Eduardo Galeano

Blogue de Myriam Morán para as materias Igualdade de xénero e Educación para o desenvolvemento
Amosando publicacións coa etiqueta dereitos de nenas e nenos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta dereitos de nenas e nenos. Amosar todas as publicacións

14 de mar. de 2016

PRINCIPIÑAS E PRINCESIÑOS

Presentámosvos este vídeo que trata de recompilar as mensaxes de alumnos e alumnas de 4º de Primaria de colexios públicos de Pontevedra, participantes no programa nAmorAndo, financiado polo concello de Pontevedra (facebook.com/cim.pontevedra). Nel traballáronse a identificación e expresión das emocións básicas como forma natural de expresión en ambos sexos, a ruptura de estereotipos sexistas e a reflexión sobre tópicos do amor romántico.
nAmorAndo é un proxecto de Jone Ojeda.
Vídeo realizado por El espejo mágico producciones.
Imaxe, edición e realización: Juan Carlos Pérez 
Ilustracións: Tania Solla

Animación: Jose Aragunde

E vós...que pensades???

Principiñas e Princesiños (Versión Estendida) from el espejo mágico producciones on Vimeo.

7 de maio de 2015

CHILD SOLDIERS: A GLOBAL ISSUE

Na clase de inglés, en 2º, estivemos reflexionando sobre os dereitos de nenas e nenos e os nenos soldado.

Watch the video and answer the questions.

21 de nov. de 2014

DÍA INTERNACIONAL DA NENA

Nós, o alumnado de 3º de PDC fixemos unha presentación para o Día Internacional da Nena, xa que nolo propuxo o noso titor dentro do proxecto ¨O mundo que queremos¨.
O noso traballo consistiu en explicar algúns problemas que lles pasan ás nenas no mundo: ¨Nenas traballadoras¨, ¨A ablación do clítoris¨, ¨Trafico de nenas¨, e ¨Nenas que viven como nenos¨.
Este traballo fíxose para concienciar ás persoas dos problemas que lles ocorren ás nenas do mundo.