"Moita xente pequena, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas, pode cambiar o mundo"
Eduardo Galeano

Blogue de Myriam Morán para as materias Igualdade de xénero e Educación para o desenvolvemento
Amosando publicacións coa etiqueta inglés. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta inglés. Amosar todas as publicacións

17 de xuño de 2016

NO ONE UNWANTED KISS

Our collaborative work created by students of 1st ESO to develop assertiveness and empower girls in order to prevent violence against women.
The project, translation, illustrations and recording are made by them.

Descarga no teu móbil unha app para escanear códigos Qr. Escanea o código que aparece na portada do conto. Mentres escoitas o audio, vai pasando as páxinas para ler o conto.

18 de feb. de 2016

CONMEMORACIÓN DO DÍA DA PAZ

En francés:

En inglés:

DÍA DA PAZ

Na conmemoración deste día, reunímonos todos os grupos de secundaria para compartir algunhas das actividades que preparamos.
Uxía, de 1º de ESO leu o poema " Incomprensión" no que se pon na pel dunha nena refuxiada.
O grupo de 3º fixo un rap na clase de titoría e recitaron un poema en francés en memoria das vítimas do acto terrorista en París o pasado mes de novembro.

Cantamos en inglés 2 cancións: "Imagine", de John Lennon e "What a wonderful world" de Louis Amstrong.


12 de feb. de 2016

CHILD SOLDIERS

O día 12 de Febreiro conmemórase o día internacional contra a utilización dos nenos soldado. No caso das nenas ademáis son obligadas a servir de esclavas sexuais.





Deng é un máis dos 200000 nenos que son obligados a ser soldados.  

Deng é un neno de 15 anos do sur de Sudán. Neste video cóntamos como foi esclavizado e posteriormente uniuse ao exército intentado buscar una compensación pola inxustiza que se cometeu con el.
Deng é un dos mais de 300000 nenos e nenas que son obligados a ser soldados en todo o mundo.
Na clase de inglés vimos este video e completamos esta actividade.


Aquí tedes un video de RTVE e máis información.

6 de xan. de 2016

ENVIRONMENTAL ISSUES

Na clase de inglés en 2º estivemos traaballando un proxecto realcionado co medio ambiente. Aprendimos sobre reciclado, os problemas medioaambientais e pensamos en posibles solucións. Aquí deixámos as presentacións orais que preparamos por parellas.

7 de maio de 2015

CHILD SOLDIERS: A GLOBAL ISSUE

Na clase de inglés, en 2º, estivemos reflexionando sobre os dereitos de nenas e nenos e os nenos soldado.

Watch the video and answer the questions.

5 de mar. de 2015

BIOGRAFÍAS: MES DA HISTORIA NEGRA

Unha das actividades que fixemos en 2º ESO para conmemorar este mes da historia negra foi escribir a biografía de algúns personaxes importantes na loita polos dereitos civís dos afroamericanos.Despois fixemos unha presentación oral na clase.
Aquí tedes unha presentación con elas.

23 de feb. de 2015

FEBRERO: MES DA HISTORIA NEGRA EN EEUU

Febrero é o mes para honrar a historia negra nos EEUU e a todas as persoas que loitan polos dereitos civis e en contra do racismo.
Na clase de inglés,Christian explicounos esta historia: a esclavitude, a loita polos dereitos civis, quen foron os líderes máis importantes.
Aquí deixamos as suas presentacións.
diaspora*.



16 de dec. de 2014

ANIMAIS EN PERIGO DE EXTINCICIÓN

Este mes os de 1º traballou as descripcións de animais. Cada un elexiu un animal en perigo de extinción e investigou sobre eles. Tamén buscaron as razóns polas que están desaparecendo e incluiron esa información nunha presentación.

23 de nov. de 2014

AXUDA AO MEDIO AMBIENTE

En 2º, este mes estivemos reflexionando sobre os problemas medioambientais aos que nos enfrontamos e como poderíamos axuar ao planeta a durar un pouco máis. Limos e falamos sobre reciclado, enerxias renovables, contaminación, fixemos uns murais e dixemos a nosa opinión por escrito.
Aquí tedes unha presentación sobre algunha das actividades que fixemos.


QUEREMOS UN MUNDO LIMPO




28 de out. de 2014

USOS DA AUGA

En inglés  clasificamos algúns usos da auga en tres categorías: o uso doméstico e urbano, o consumo agrícola e gandeiro e o uso industrial. Aquí tedes a ficha que fixemos.

“I remember when I was 14, carrying a 20 litre water can on my head, filling it from a river some thirty minutes away. When I came to Canada, I was shocked by the extravagant use of water here.”


Chamounos moito a atención este mapa no que vemos a forma diferente que teñen países e continentes segundo o uso doméstico que fan da auga. Limos este texto e comparamos diferentes lugares da terra.

13 de out. de 2014

PREMIO NOBEL DA PAZ 2014


A paquistaní Malala Yousafzai, a moza á que os talibáns dispararon á cabeza en 2012 por defender a escolarización das mulleres, e o activista indio Kailash Satyarthi foron galardoados este venres co Nobel de la Paz 2014 "pola súa loita contra a opresión dos nenos e os mozos e polo dereito de todos os nenos á educación", segundo anunciou o Comité Nobel Noruego.

"Os nenos deben ir á escola e non ser explotados financeiramente", defendeu o Comité Nobel, subliñando que "nos países pobres, o 60% da poboación actual ten menos de 25 anos".
No caso de Satyarthi, resaltou que "mostrando gran valor persoal" e seguindo a tradición de Gandhi, "liderou varias formas de protesta e manifestación, todas pacíficas, centrándose na grave explotación dos nenos para obter beneficios financeiros". Así mesmo, "contribuíu" ao desenvolvemento de importantes convencións internacionais" "sobre os dereitos dos nenos". Kailash Satyarthi, enxeñeiro informático indio que hai 28 anos abandonou o ordenador para denunciar ás multinacionais que no seu país explotan nenos de entre 5 e 12 anos de idade, encabeza a organización Global March, que liberou da escravitude empresarial a uns 80.000 nenos en máis de 160 países.

En canto a Malala, "malia a súa xuventude", leva anos loitando polo dereito das nenas "á educación e mostrou co seu exemplo que os nenos e os mozos tamén poden contribuír a mellorar as súas propias situacións". Ademais, resaltou o Comité Nobel, fíxoo baixo as máis perigosas circunstancias. "Mediante a súa loita heroica converteuse nunha destacada voceira dos dereitos das nenas á educación", engadiu.
Lé o artigo completo aquí.


Limos a noticia en inglés nas clases e respostamos algunhas preguntas. Aquí tedes a ficha de traballo que fixemos.