"Moita xente pequena, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas, pode cambiar o mundo"
Eduardo Galeano

Blogue de Myriam Morán para as materias Igualdade de xénero e Educación para o desenvolvemento

13 de out. de 2014

PREMIO NOBEL DA PAZ 2014


A paquistaní Malala Yousafzai, a moza á que os talibáns dispararon á cabeza en 2012 por defender a escolarización das mulleres, e o activista indio Kailash Satyarthi foron galardoados este venres co Nobel de la Paz 2014 "pola súa loita contra a opresión dos nenos e os mozos e polo dereito de todos os nenos á educación", segundo anunciou o Comité Nobel Noruego.

"Os nenos deben ir á escola e non ser explotados financeiramente", defendeu o Comité Nobel, subliñando que "nos países pobres, o 60% da poboación actual ten menos de 25 anos".
No caso de Satyarthi, resaltou que "mostrando gran valor persoal" e seguindo a tradición de Gandhi, "liderou varias formas de protesta e manifestación, todas pacíficas, centrándose na grave explotación dos nenos para obter beneficios financeiros". Así mesmo, "contribuíu" ao desenvolvemento de importantes convencións internacionais" "sobre os dereitos dos nenos". Kailash Satyarthi, enxeñeiro informático indio que hai 28 anos abandonou o ordenador para denunciar ás multinacionais que no seu país explotan nenos de entre 5 e 12 anos de idade, encabeza a organización Global March, que liberou da escravitude empresarial a uns 80.000 nenos en máis de 160 países.

En canto a Malala, "malia a súa xuventude", leva anos loitando polo dereito das nenas "á educación e mostrou co seu exemplo que os nenos e os mozos tamén poden contribuír a mellorar as súas propias situacións". Ademais, resaltou o Comité Nobel, fíxoo baixo as máis perigosas circunstancias. "Mediante a súa loita heroica converteuse nunha destacada voceira dos dereitos das nenas á educación", engadiu.
Lé o artigo completo aquí.


Limos a noticia en inglés nas clases e respostamos algunhas preguntas. Aquí tedes a ficha de traballo que fixemos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario