"Moita xente pequena, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas, pode cambiar o mundo"
Eduardo Galeano

Blogue de Myriam Morán para as materias Igualdade de xénero e Educación para o desenvolvemento

28 de out. de 2014

A AUGA E A SAÚDE




O consumo de auga de boa calidade é esencial para a boa saúde. A ONU (organización das Nacións Unidas) móstranos unha situación inaceptable: cerca de 1100 millóns de persoas (un sexto da poboación total) 

NON TEÑEN ACCESO A AUGA POTABLE. 

Ademais cada ano morren 1,5 millóns de nenos como consecuencia de enfermidades: cólera, malaria, tifos...causada polo consumo de auga contaminada.

Para limpar as augas necesítase un bo sistema de xestión por parte dos gobernos, pois é un proceso caro e necesita de tecnoloxia punta, cousa da que carecen os países non desenvolvidos.

Aquí deixamos un enlace donde podemos ver o proceso de depuración e de potabilización da auga antes de que chegue as casas.

 E podemos facernos unha idea clara dos inconvintes  que trae esta falta de tecnoloxía para que un país poida progresar.


Ningún comentario:

Publicar un comentario