O debate sobre a Constitución de 1931 seguía... Axiña chegou o momento de decidir sobre o dereito a voto da muller, ao que se opuñan especialmente os Republicanos e Partido Radical, pois consideraban prematuro outorgarlle o voto ao sector da poboación mais influido pola igrexa. Pensaron que a República estaría en perigo có voto das mulleres. Mais Clara Campoamor, en contra do seu propio partido (o radical), e co apoio de Acción Nacional (dereita) e o PSOE, apostaban polo voto feminino. A outra muller da cámara, Victoria Kent (Izquierda republicana) votou en contra. Entre os que votan a favor neste clip está o sadense Ramón Suarez Picallo. Os argumentos a prol da inferioridade da muller no comezo da secuencia, corresponden ao coruñés Roberto Novoa Santos da Federación Republicana Galega
Despois de moitos debates, ao fin, o 1 de outubro de 1931, a teimuda Clara Campoamor conseguiu un obxectivo histórico. Por 161 votos a favor e 121 en contra, as mulleres poderán votar nas seguintes eleccións de 1933, por vez primeira na historia de España.
Clara Campoamor, la mujer olvidada (Laura Mañá, 2011)
"Moita xente pequena, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas, pode cambiar o mundo"
Eduardo Galeano
Eduardo Galeano
Blogue de Myriam Morán para as materias Igualdade de xénero e Educación para o desenvolvemento
Amosando publicacións coa etiqueta Clara Campoamor b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Clara Campoamor b>. Amosar todas as publicacións
10 de xan. de 2018
O SUFRAXIO FEMININO EN ESPAÑA: CLARA CAMPOAMOR E VICTORIA KENT 4
Clara Campoamor e Victoria Kent, dos grandes mulleres da nosa historia contemporánea e da loita polos dereitos das mulleres. Feministas, socialistas, ambas diputadas polo partido radical durante a segunda república (1931-1936) defendían o dereito ao voto das mulleres. Pero, aínda que tiñan un obxectivo común, mantiñan estratexias diferentes para conseguilo. O congreso debatía o dereito ao voto feminino, a igualdade salarial, o dereito á educación, a expresar a propia opinión... Foron unhas sesións parlamentarias tensas nas que o congreso quedou dividido na cuestión do voto feminino.
Fotos
CLARA CAMPOAMOR
VISTORIA KENT
Fotos
CLARA CAMPOAMOR
VISTORIA KENT
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)