Sinopsis do libro: De Del o, unha rapaza filipina de 12 anos, foi vendida a un mago titiritero que percorre aldeas co seu espectáculo circense. Outras nenas corren a mesma sorte. Hans Ackefors, un europeo que perdeu á súa filla xornalista cando investigaba o tráfico de nenas, está entregado a desenmascarar a explotación infantil. Necesita a De-Del para conseguir o seu propósito.
Este libro recibiu o Gran Premio de novela para a mocidade de Unicef en 1999.
En clase vimos varios documentales sobre a esclavitude de nenas e a explotación infantil. O libro, un pouco difícil de comprender, abriunos os ollos a temas tan crus como o tráfico de seres humanos e a explotación infantil. Tamén vimos o contraste entre a vida no noso país e as condicións nas que viven os nenos e nenas en países en vías de desenvolvemento. Sorprendeunos moito ver como as nenas resígnanse a vivir separadas das súas familias, e como aceptan as humillacións a que son sometidas coma se tratásese de algo normal.
Para rematar fixemos cartaces sobre o tema da esclavitude infantil.
"Moita xente pequena, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas, pode cambiar o mundo"
Eduardo Galeano
Eduardo Galeano
Blogue de Myriam Morán para as materias Igualdade de xénero e Educación para o desenvolvemento
26 de feb. de 2018
4 de feb. de 2018
PERCORRE O TEU LABIRINTO
Durante este curso estamos desenvolvendo un obradoiro de autoidentidade e autoestima na clase de titoría en colaboración coa ONG Intered. Nel traballamos emocións, autoconcepto, identidade e autoestima e xénero dun xeito lúdico e ao mesmo tempo reflexivo. O coñecemento de si mesm@s e do resto da clase é outro dos obxectivos a traballar. Neste video veredes algunhas das opinións da clase.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)