"Moita xente pequena, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas, pode cambiar o mundo"
Eduardo Galeano

Blogue de Myriam Morán para as materias Igualdade de xénero e Educación para o desenvolvemento
Amosando publicacións coa etiqueta estereotipos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta estereotipos. Amosar todas as publicacións

17 de dec. de 2017

PRINCESAS PARA RAPAZAS E SUPERHEROES PARA RAPACES? NO, GRACIAS


Os papás tamén denuncian o machismo que atopan cando van comprar os xoguetes para as súas fillas e os seus fillos.

"El otro día compré una bicicleta para mi hijo en el Alcampo. El enano podía ir rápido como rayo McQueen, pero si hubiera sido chica no tenía la opción de viajar rápido como Sally, el personaje femenino de la película 'Cars'. No, a ella le habría tocado llevar una bici rosa de "princesa". Con una sillita trasera para llevar bebé incluida, no sea que se le olvide su papel de futura mamá".
Carlos

"Fui a comprar un regalo para una sobrina recién nacida y opté por una lámpara que proyectaba unas estrellas de colores en el techo, para el momento de ir a la cama. Al ir a pagar, la dependienta me ofreció las pilas para el aparato ya que no venían incorporadas. Le dije que sí y me preguntó si era para un niño o una niña. Me quedé boquiabierto. ¿Pilas para niño o para niña? Efectivamente, las de niñas eran rosas con dibujos de princesas, las de niño azules y con caballeros o algo así. No salía de mi asombro y así se lo hice saber a la dependienta, que se sintió abochornada ante mi comentario de que era algo realmente machista".
Victor

30 de out. de 2017

DISFRACES DE HALLOWEEN

Non esquezas que podes ser o que ti queiras, non so en Halloween senon todos os días da túa vida.
Non deixes de soñar  e...
 loita por facer realidade os teus soños.


10 de feb. de 2017

PRINCIPIÑAS E PRINCESIÑOS

Este vídeo que imos presentar fala de príncipes e princesas diferentes, principiñas: nenas dispostas a vivir aventuras, a reivindicar os seus gustos, a poder enfadarse e a saber que non precisan ser salvadas por príncipes. E princesiños, que están dispostos a expresar as súas emocións, cambiando o concepto de valentía, sabendo que hai cousas que nenos e nenas poden compartir e dando o protagonismo que perderon as nenas a través dos séculos.
Qué che resulta absurdo, ridículo dos contos de fadas? Qué consellos sentimentais darías ás princesas e a os príncipes dos contos para que a súa relación fora mellor? Como che gustaría que foran os príncipes e as princesas dos contos?

17 de dec. de 2016

ANÁLISE DE CATÁLOGOS DE XOGUETES

Durante o mes de decembro analizamos catálogos de diferentes centros comerciais e establecementos dende unha perspectiva de xénero. Puxémonos as gafas violetas para ollalos e descubrir neles estereotipos e roles de xénero.ara facelo, seguimos este guión.


Os estereotipos de xénero están presentes nos catálogos de xoguetes que analizamos, todos eles de empresas con gran impacto e difusión. Chegamos á conclusión de que é una publicidade claramente sexista e con gran influencia nas nenas e nenos que miran estes catálogos para elexir os regalos de Nadal.

É ista una publicidade que mentres vainos conformando, defórmanos. Cores, roles, valores, emocións es sentimentos, desexos que van configurando a nosas identidade como mulleres e homes e as relación que mantemos coas persoas de ámbolos dous sexos.

14 de mar. de 2016

PRINCIPIÑAS E PRINCESIÑOS

Presentámosvos este vídeo que trata de recompilar as mensaxes de alumnos e alumnas de 4º de Primaria de colexios públicos de Pontevedra, participantes no programa nAmorAndo, financiado polo concello de Pontevedra (facebook.com/cim.pontevedra). Nel traballáronse a identificación e expresión das emocións básicas como forma natural de expresión en ambos sexos, a ruptura de estereotipos sexistas e a reflexión sobre tópicos do amor romántico.
nAmorAndo é un proxecto de Jone Ojeda.
Vídeo realizado por El espejo mágico producciones.
Imaxe, edición e realización: Juan Carlos Pérez 
Ilustracións: Tania Solla

Animación: Jose Aragunde

E vós...que pensades???

Principiñas e Princesiños (Versión Estendida) from el espejo mágico producciones on Vimeo.

22 de xan. de 2016

CONCLUSIÓNS SOBRE O SEXISMOS NOS XOGUETES

Incluimos aquí algúnas opinións, comentarios, cousas  que aprendimos con este tema e algunhas conclusións as que chegamos. o que nos desexamos empezar a ver nos catálogos está nas fotos desta entrada. Son do catálogo de ToyPlanet, que xa fai dous anos cambiou e quere esquecerse dos roles sexistas nos xoguetes.

Na clase estivemos vendo o que son 
os estereotipos e o sexismo. Eu saquei tres conclusións:
1. O sexismo e os estereotipos están ao redor noso sen decatarnos.
2. Con esas ideas imos vivir sempre se non as cambiamos. Os nenos e nenas teñen dereito a decidir como queren ser, non como lles manda a sociedade.
3. Por que as nenas teñen que ser amas de casa, perruqueiras ou estilistas? E os nenos por que teñen que ser bombeiros, policias ou camioneiros? Pois non!
Os xoguetes deciden por nos, e non debería ser así. Pero non é culpa só dos da empresa que fabrica os xoguetes, é tamén culpa dos pais, por comprarlles eses xogos que van dirixir a súa vida.

María, 12 anos



Moitas veces a xente non lle da importancia aos roles cando por exemplo, está mirando unha revista.
Cando nos puxemos as gafas violetas para mirar os catálogos de xoguetes, vin que separaban as páxinas por cores, rosa para nenas e azul ou verde para nenos.
Tamén observei que os xoguetes de nenas teñen que ver con estilismo, beleza e os de nenos con valentía e agresividade.

                                    Paula, 12 anos


O outro día na clase estivemos falando do sexistas que son as revistas de xoguetes. Nós, ao principio, non nos dábamos de conta do que a mestra estaba a referirse. Sabedes por que? Porque dende pequen@s fannos as nenas con cores rosa e aos nenos co cor azul. Ademáis dinnos que as nenas somos débiles e os nenos poderosos. Non! Non!
NON PODEMOS SEGUIR ASÍ!
É UNHA DISCRIMINACIÓN!
A maioría das revistas que analizamos son sexistas. Vimos que o vocabulario non é axeitado, nin as cores… As nenas, por exemplo, teñen menos cores para elixir que os nenos.
A maioría da xente pásalle como a nós, que de tan acostumada que estás, xa nin te decatas desas cousas. 

Tania, 12 anos

Antes de empezar a analizar os catálogos de xoguetes, non sabía o machistas que poden chegar a ser. Despois decateime do moito que o son, analizando vocabulario e fotos xa sacamos un montón de cousas machistas.
Con so poñer unha cor para nenas, o rosa, ou unhas profesións concretas para nenas o outras para nenos, xa estámoslles adicando un rol.

Damián, 12 anos






Cinco conclusións as que cheguei despois de estudar os catálogos:
1.- A xente non quere diminutivos para nenas e non para nenos.
2.- As profesións de forza ou de maquinaria non teñen por que ser para os rapaces e as de coidados para as rapazas.
3.- Nas fotos dos catálogos non hai que poñer a unha nena en medio de dous rapaces porque non necesitamos protección. Non somos débiles nin covardes.
4.- A maxia e a imaxinación non teñen por que ser cousa de nenas e oss deportes de risco de nenos.
5.- Por último, nas fotos dos xoguetes para bebés non deben aparecer so as nais xogando cos bebés. Os papás tamén tamén teñen que aparecer xogando e coidando dos bebés.

Alicia, 12 anos

RECOMENDACIÓNS A FABRICANTES DE XOGUETES

As nosas reflexións sobre este tema tamén quedaron plasmadas nas recomendacións que lles facemos aos fabricantes de xoguetes.
O mellor camiño para a igualdade é o que desenvolve todas as nosas potencialidades e permítenos  ser nos mism@s, xenuinamente diferentes pero cos mesmos dereitos.

 Aquí deixamos o traballo de Damián e de Laura.


CATÁLOGO DE XOGUETES 2015

Despois de estudar o catálogo, fágome as seguintes preguntas:
Por que ten que haber unha nena xogando na bañera coa súa nai e non co seu pai?
Por que dividen as páxina en dous cores, rosa para o xoguetes para nenas e azul para os nenos?
Por que o vocabulario que empregan é diferente ?
Por que nos xoguetes que mostran para nenas utilizan diminutivos e palabras cursis e para os xoguetes que mostran para nenos usan palabras como dispara, atrevido, risco, emoción…?
 Por que hai máis páxinas de xoguetes para nenos?
Por que as profesións que aparecen son diferentes segundo o sexo?
Por que os xoguetes para rapaces son de cores máis variados? E os xoguetes para rapazas son so violetas ou rosas?
Por que o mesmo xoguete é máis caro se é para nenos?

Eu recomendaría aos fabricantes que non separen o xoguetes por cores e que non sexan máis caros se son para rapaces.
Chamoume á atención que cando nas fotos poñen dous nenos e una nena, poñen á nena no medio, como se necesitaramos protección. Nos non somos tan débiles e eu penso que tamén poden poner a dúas nenas e un neno.
Tamén mirando as fotos vin que case non aparecen país xogando cos bebés ou  fill@s. Gustaríame que non saian sempre as mamás.
No catálogo de xoguetes hai moitos estereotipos e, por culpa diso, os rapaces e as rapazas aprenden a facer o que lles ensinan nas revistas. Penso que se fan estes cambios nos catálogos as súas tendas serían mellores e terían máis clientes.

Laura, 12 anos

RECOMENDACIÓNS PARA @S CREADORES DE CATÁLOGOS DE XOGUETES

Teñen que facer os catálogos menos sexistas, porque se continúan así van quedar sen clientes.
Deben ser respectuosos no vocabulario e non poner cousas cursis e discriminatorias non xoguetes para nenas.
Algunhas das imaxes do catálogo son moi machistas e hai que correxilo. Ademáis deberían incluir tamén a país xogando cos nenos e nenas nas fotos, e non so a nais.

Damián

Esquécete do que amosan os escaparates!




CARTA ABERTA A DEPARTAMENTO DE PUBLICIDADE E VENTA DE XOGUETES

Despois de analizados os catálogos por parellas, fixemos un coloquio no que compartimos o que atopamos en todos eles.  Case todos comparten os mesmos valores e trasmiten estereotipos e roles sexistas.
Unha das actividades que reslizamos foi escribir unha carta as empresas de xoguetes.
Aquí publicamos dúas delas:

Á atención da dirección do departamento de publicidade e catálogos de xoguetes e do departamento de marketing

Son un estudante de 1º de ESO do CPI de Trazo. Diríxome a vostedes para comentales a miña proposta para eliminar o seximo na publicidade do seu catálogo de xoguetes da campaña do 2015.
Penso que deberían facer un catálogo onde as páxinas sexan da mesma cor e non esa separación de azul para nenos e rosa para nenas.
Tamén me parece importante que, á hora de poner imáxenes de rapazas ou rapaces xogando, non utilicen o estereotipo de neno=coche/arma e nena= barbie. É importante que vostedes saiban que é necesario modificar estas cuestións sexistas.
Ofrézome para asesorar ao seu departamento de publicidade sobre os catálogos de xoguetes dende o punto de vista dun neno e para aclara calquera dúbida ao respecto.
Sen máis, despídese de vostedes


Esteban, 12 anos






A ToyPlanet


Queridos fabricantes de ToyPlanet:

Na clase de 1º ESO de Igualdade de xénero estivemos analizando o sexismo en varios catálogos de xoguetes.  Cando miramos o de Toyplanet, vimos que era necesario ponernos en contacto con vostedes para que coñezan a nosa opinión.

Considero que a súa revista é boa tanto para nenos como para nenas, xa que ensina que aos nenos tamén lles gustan as bonecas e as nenas tamén lles gustan os coches. A miña compañeira e máis eu estivemos dándolle moitas voltas ao contido da súa revista porque é moi peculiar. Por un lado vostedes intentan non ser sexistas, pero ó mesmo tempo sono.

Comparado con outros, o seu catálogo non é, en xeral,  moi sexista. Aínda así, hai algún detalliños que o fan sexista. Sí, sei que pensaban que ninguén se decataría deses “pequenos detalles” pero estaban trabucados. Nos artigos para bebés non se aprecia o sexismo, pero nós puxémonos as gafas violetas e vimos algún deses pequenos detalles que mencionei antes.

Agora, a día de hoxe, démonos de conta de que os pequemos detalles din moito máis do que pensabamos.

Finalmente, para rematar esta carta, aconséllolles que revisen o seu catálogo e que pensen no sexismo e nos estereotipos.  Acaso parécelles normal que as  nenas xa dende bebés saiban que  teñen que ser princesas e que lles ten que gustar a cor rosa? Ou que os nenos teñen que ser astronautas e que lles ten que gustar a cor azul?  Parécelles ben que a un neno lle dea vergoña levar roupa rosa ou  disfrazarse de heroína? Pois iso é culpa das fotos e ideas que aparecen nos catálogos de xoguetes.

Nada máis. Espero que a miña carta lles faga reflexionar e se fixen máis para o ano que ven.


Uxía , 12 anos 

18 de xan. de 2016

ENTROIDO COAS GAFAS VIOLETAS

A imaxe fala por si mesma. Á hora de elixir disfraces o sexismo segue estando presente. Seguimos legitimando estereotipos relacionados cos roles de xénero. Do mesmo xeito que cos juguetes, outorgamos ao neno a posibilidade de soñar con ser un super-heroe, Drácula, Superman, Spiderman, Batman, Ninja. Sen ningunha connotación engadida. O xogo polo xogo.


E aínda que as cousas cambiaron e xa hai moitas nenas que elixen como eles, ser vampiro, pirata, doutor ou policía, o que non cambiou é o estereotipo da muller con curvas e corpos perfectos. Calquera oficio ou rol que se elixe na maioría dos casos polas mulleres xa sexan pícaras ou adultas van irremediablemente acompañados sempre do adxectivo 'sexy':

Bruxa sexy, monxa sexy, policía sexy, enfermeira sexy, cavernícola sexy, ratona sexy, gata sexy, vampiresa sexy, presidiaria sexy, anxo sexy, egipcia sexy.

Todo SEXY, ata, personaxes tradicionalmente infantís como Caperucita Vermella, Alicia no país das marabillas ou Blancanieves teñen que ser sexies. Ás afortunadas que se permiten elixir super-heroes masculinos como Superman ou Robin a maioría das veces tamén os disfraces vense convertidos en sexies traxes de muller. O importante é estar guapa, non pasalo ben.

Así, ás nenas, négaselles dalgún xeito a posibilidade de xogar, porque xogar a ser únicamente sexy non é divertido. O corpo da muller convértese exclusivamente nun perchero, nun obxecto a ser exhibido. Ademais, tamén resulta aburrido, porque cando algunhas destas mulleres usan eses disfraces non asumen en realidade ningún rol que as diferencie do seu comportamento habitual. Se cadra  os roles sexistas marcáronlles tanto que nin o ven, ou  lles custa moitotraballo desfacerse deles.

OS ESTEREOTIPOS E O XÉNERO

Durante o mes de decembro aprendimos en 1º sobre o tema dos estereotipos e como influen na nosa vida e nas nosas eleccións. Aquí 1ueda un pequeno resumo.
Chamamos estereotipos as etiquetas sociais. Aquelas cousas que se supón que somos polo feito de ser unha rapaza ou un rapaz. Non teñe nada que ver co noso sexo, coa bioloxía, con ser home ou muller, coa reproducción.
Imaxinemos un percheiro. O percheiro como abxecto sería o noso corpo físico, de home ou muller (o sexo), mentre que todo aquilo que colgamos del reflectiría o que a sociedade pon enriba para construir o que é masculino ou feminino: os trazos, comportamentos que constrúesn simbólicamente como é unha muller ou un home. (A metáfora do percheiro é de Linda Nicholson, 2003).
Despois de nomear algúns estereotipos, fixemos un mural con percheiros nos colocamos estas etiquetas sociais.
Estereotipos Femininos:
Afectiva, amable, empática, comprensiva, medosa, submisa. Dependente, tenra, débil e conformista.
Traballadora, estudosa, calada e responsable.
Sensible, intuitiva. Expresiva, pasiva subxectiva. Dáselle mellor o traballo doméstico, coidar d@s fill@s , limpa e paciente. Dáselle mal a tecnoloxía.
Estereotipos masculinos:
Valente, forte, agresivo, musculoso, decidido, competitivo, dominante. Independente, seguro, franqueza, eficaz, obxectivo, arriscado. Pasota e irresponsable na escola. Dáselle mellor a EF, é activo. É bo en matemáticas e en tecnoloxía. Non amosa emocións, non pode chorar. É bo arranxando cousas e coas máquinas.
Reflexionamos sobre o tema e vimos que moitas das etiquetas que nos colgan non teñen nada que ver connosco. Así que dixemos:
PASAMOS DOS ROLES, non importa o sexo. Tod@s choramos, protestamos, coidamos dos pequn@s, facemos a cama e a merenda, xogamos ao fútbol , somos competitiv@s, somos bo@s en deporte e tecnoloxía, preocupámonos dos demáis.