Unha das actividades que reslizamos foi escribir unha carta as empresas de xoguetes.
Aquí publicamos dúas delas:
Á atención da dirección do departamento de publicidade e catálogos de xoguetes e do departamento de marketing
Son un estudante de 1º de ESO do CPI de Trazo. Diríxome a vostedes para comentales a miña proposta para eliminar o seximo na publicidade do seu catálogo de xoguetes da campaña do 2015.
Penso que deberían facer un catálogo onde as páxinas sexan da mesma cor e non esa separación de azul para nenos e rosa para nenas.
Tamén me parece importante que, á hora de poner imáxenes de rapazas ou rapaces xogando, non utilicen o estereotipo de neno=coche/arma e nena= barbie. É importante que vostedes saiban que é necesario modificar estas cuestións sexistas.
Ofrézome para asesorar ao seu departamento de publicidade sobre os catálogos de xoguetes dende o punto de vista dun neno e para aclara calquera dúbida ao respecto.
Sen máis, despídese de vostedes
Esteban, 12 anos
A ToyPlanet
Queridos fabricantes de ToyPlanet:
Na clase de 1º ESO de Igualdade de xénero estivemos
analizando o sexismo en varios catálogos de xoguetes. Cando miramos o de Toyplanet, vimos que era
necesario ponernos en contacto con vostedes para que coñezan a nosa opinión.
Considero que a súa revista é boa tanto para nenos como para
nenas, xa que ensina que aos nenos tamén lles gustan as bonecas e as nenas
tamén lles gustan os coches. A miña compañeira e máis eu estivemos
dándolle moitas voltas ao contido da súa revista porque é moi peculiar. Por un
lado vostedes intentan non ser sexistas, pero ó mesmo tempo sono.
Comparado con outros, o seu catálogo non é, en xeral, moi sexista. Aínda así, hai algún detalliños
que o fan sexista. Sí, sei que pensaban que ninguén se decataría deses
“pequenos detalles” pero estaban trabucados. Nos artigos para bebés non se
aprecia o sexismo, pero nós puxémonos as gafas violetas e vimos algún deses
pequenos detalles que mencionei antes.
Agora, a día de hoxe, démonos de conta de que os pequemos
detalles din moito máis do que pensabamos.
Finalmente, para rematar esta carta, aconséllolles que
revisen o seu catálogo e que pensen no sexismo e nos estereotipos. Acaso parécelles normal que as nenas xa dende bebés saiban que teñen que ser princesas e que lles ten que
gustar a cor rosa? Ou que os nenos teñen que ser astronautas e que lles ten que
gustar a cor azul? Parécelles ben que a
un neno lle dea vergoña levar roupa rosa ou
disfrazarse de heroína? Pois iso é culpa das fotos e ideas que aparecen
nos catálogos de xoguetes.
Nada máis. Espero que a miña carta lles faga reflexionar e
se fixen máis para o ano que ven.
Uxía , 12 anos
Ningún comentario:
Publicar un comentario