Achégase a festa de entroido e xa se poden ver os escaparates dos comercios cheos de disfraces. Quen máis quen menos, esta pensando xa do que se vai disfrazar este ano. O mellor dun disfraz é que sexa imaxinativo e orixinal, quen quero ser no día de hoxe?
Pero observando os traxes de bruxa, vampiras, enfermeiras, cavernícola podemos asegurar que, máis que medo, impoñen outra cousa. Vin moitas películas de terror e nunca vin a unha bruxa de Salem en roupa interior subida á súa escoba.
A sexualización da festa de entroido, a cal segue representando unha festa tradicional, tomou tintes nos que se denigra á muller e trátala como a un obxecto máis da festa. Mentres que o disfraz dos homes intenta asemellarse á realidade, mellorando nos detalles, no da muller, a redución de tea faise ostentosa, rozando o ridículo. O disfraz de monxa para home é diferente que o de monxa para muller. Aínda que a realidade é que estes disfraces véndense, se cadra por non facer unha pequena reflexión sobre isto.
Deberiamos recapacitar e esixir aos fabricantes que modifiquen o seu produto sen escusarse en dicir que é "o que o público desexa". O público desexa divertirse nesa noite especial e non se paran a analizar como o mercado volveu a representar á muller como el mesmo desexa vendela.
Ningún comentario:
Publicar un comentario