Ola! O alumnado de 2ºESO estivemos a traballar sobre as funcións da ONU e aquí vos deixamos a presentación. Fixémolo na materia de Educación para a cidadanía e os dereitos humanos.
"Moita xente pequena, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas, pode cambiar o mundo"
Eduardo Galeano
Eduardo Galeano
Blogue de Myriam Morán para as materias Igualdade de xénero e Educación para o desenvolvemento
29 de out. de 2014
28 de out. de 2014
USOS DA AUGA
En inglés clasificamos algúns usos da auga en tres categorías: o uso doméstico e urbano, o consumo agrícola e gandeiro e o uso industrial. Aquí tedes a ficha que fixemos.
“I remember when I was 14, carrying a 20 litre water can on my head, filling it from a river some thirty minutes away. When I came to Canada, I was shocked by the extravagant use of water here.”
Chamounos moito a atención este mapa no que vemos a forma diferente que teñen países e continentes segundo o uso doméstico que fan da auga. Limos este texto e comparamos diferentes lugares da terra.

A AUGA E A SAÚDE
O consumo de auga de boa calidade é esencial para a boa saúde. A ONU (organización das Nacións Unidas) móstranos unha situación inaceptable: cerca de 1100 millóns de persoas (un sexto da poboación total)
NON TEÑEN ACCESO A AUGA POTABLE.
Ademais cada ano morren 1,5 millóns de nenos como consecuencia de enfermidades: cólera, malaria, tifos...causada polo consumo de auga contaminada.
Para limpar as augas necesítase un bo sistema de xestión por parte dos gobernos, pois é un proceso caro e necesita de tecnoloxia punta, cousa da que carecen os países non desenvolvidos.
Aquí deixamos un enlace donde podemos ver o proceso de depuración e de potabilización da auga antes de que chegue as casas.
E podemos facernos unha idea clara dos inconvintes que trae esta falta de tecnoloxía para que un país poida progresar.
23 de out. de 2014
A AUGA NO MUNDO
A cantidade de auga que hai na terra é sempre a mesma. No laboratorio fixemos una práctica para estudar o CICLO DA AUGA
"Conxunto de procesos polos que pasa a auga da atmosfera a superficie terrestre, de aí aos seres vivos e a hidrosfera, e de novo regresa a atmosfera"
Na montaxe que vemos nas fotos, o acendedor de gas representa ao sol. A cantidade de auga que hai no vaso de precipitados representa as augas superficiais do planeta, e dentro do vaso hai unha molécula da auga (formada por dous átomos de hidróxeno e un de osíxeno), aínda que sabemos que nese vaso habería centos de moléculas.
Unha vez que saía vapor puxemos un vidro de reloxo enriba, simulando a unha capa da atmosfera máis fría, e o vapor ao arrefriar pasou a auga líquida(condensación) levantamos o vidro e caían gotas (precipitacións)
Na práctica anterior que fixemos no laboratorio démonos unha idea de cómo estaba repartida a auga polo planeta terra, e decatámonos de que a cantidade de auga doce era moi baixa respecto ao total da auga, pero aínda así sería suficiente para satisfacer as necesidades de todas as poboacións do mundo:
- Si se distribuíra de xeito regular polas rexións do mundo
- Si todos os países tiveran mais ou menos os mesmos recursos para poder xestionar a accesibilidade a mesma
- Si as persoas fixéramos un uso correcto e responsable da auga da que dispoñemos.
22 de out. de 2014
A AUGA, un recurso indispensable
Este curso na clase de PRI, déronsenos a coñecer os obxectivos do Milenio.
Un dos obxectivos refírese “A Auga”, imprescindible para todos os seres vivos. A pesares de ser un recurso natural de inestimable valor, no mundo existen moitas zonas onde é un ben escaso.
Xa o 2003 foi proclamado “Ano Internacional da Auga Doce”, para que nós, as persoas, tomemos conciencia da importancia de realizar un uso axeitado da auga, e tamén mellorar a xestión da mesma así como de protexer as fontes de auga doce.
Na asignatura de naturais empezamos a traballar neste tema, facéndonos conscientes de cómo está repartida a auga no planeta, porque aínda que as tres cuartas partes do noso planeta están cubertas de auga, só un 3% é auga doce, é só unha pequenísima parte desta porcentaxe é apta para o consumo humano.
No laboratorio fixemos unha práctica:
- Enchemos unha probeta de un litro, e semellaba que aí estaba contida toda a auga que había na terra, a doce é a salgada.
- Logo sacamos desa probeta o 3% de auga, que correspondería a auga doce, e vertémola noutra probeta.
- Volvemos a retirar da probeta anterior un 99% aproximadamente de auga que correspondería a augas conxeladas dos casquetes polares e a augas subterráneas.
- Quedaba un 1% de auga que correspondería a cantidade de augas superficiais coas que conta o planeta. Metémola nun tubo de ensaio.
O que mais nos sorprendeu que de ese 1% de augas superficiais, aínda había que facer outro reparto: un 52% para lagos, un 38% humidade do solo, vapor de auga un 8%, auga dos seres vivos o 1%, e outro 1% para a auga dos ríos. Todas cantidades aproximadas.

21 de out. de 2014
FILIPINAS. SABÍAS QUE...?
Sabías que Filipinas é un país formado por 7000 illas?
Falamos de Filipinas porque en lingua Castelá estamos lendo un libro titulado “La prisionera del mago” que ocorre en Filipinas. Comezamos esta actividade o día 13 de outubro na clase de PRI.
A nosa titora, na clase de PRI, deunos una ficha para completar e puxémonos en grupos de 4 persoas. Buscamos información en internet e puxémola en común.
Filipinas está situada no Sur-leste Asiático. Ten una extensión de 300 000 km2 e unha poboación de 99 000 000. A súa capital é Manila e o seu sistema de goberno de a república presidencialista. Ten 2 linguas oficiais: o filipino e o inglés. Tamén ten 8 linguas rexionais (o Tagalo unha delas) e 2 opcionais.
Sabías que…. en Filipinas se fala español? Pois si, porque Filipinas foi unha colonia de España durante case 300 anos. Ata que pasou a ser colonia estadounidense, por iso se fala tamén inglés. Non foi un país independente ata o 24 de marzo de 1934.
Sabías que… a esperanza de vida é de 68,7 anos? Comparado con outros países é moi pouco. Aquí en Galicia, por exemplo, é de 82,2 anos. Isto débese a fame, a pobreza e mala sanidade que teñen.
Sabías que…. a taxa de pobreza é do 26,5 %? Iso quere dicir que a ¼ parte da poboación vive con $1 ao día. Na clase dixemos o que nós podemos comprar con un euro ao día e , claro, quedamos moi afectadxs.
O que máis nos sorprendeu foi a taxa de mortalidade infantil, un 33%. Iso son moitxs nenxs. Por iso hai que axudar e colaborar con estes países tan pobres para mellorar a sanidade e a educación.
Lucía Viqueira, Jonathan Peón, Eduarda Andrade e Iván Rivas

14 de out. de 2014
O MUNDO QUE TEMOS / O MUNDO QUE QUEREMOS
Na primeira sesión de Proxecto Interdisciplinar falamos na clase sobre este tema e fixemos un mural coa información recollida.
A profesora dixo que pensaramos no seguinte: “Se tiverades unha varita máxica e poiderades con ela acabar coas inxustizas que vedes no mundo, cales faríades desaparecer sen ninghunha dúbida?” Deixounos un tempo para pensar e repartiu uns post-its de cor amarela no que escribimos as nosas ideas.
Logo puxemos en común o que tiñamos e escribimos un post-it laranxa como nos gustaría que fose o mundo. Compartimos as nosas ideas e pegamos os post-its amarelos nun lado do mural e os laranxas noutro.
Gustounos moito a actividade, pois coñecimos as ideas que tiñamos todxs na clase.
Aquí tedes recollida a nosa reflexión.

13 de out. de 2014
PREMIO NOBEL DA PAZ 2014
A paquistaní Malala Yousafzai, a moza á que os talibáns dispararon á cabeza en 2012 por defender a escolarización das mulleres, e o activista indio Kailash Satyarthi foron galardoados este venres co Nobel de la Paz 2014 "pola súa loita contra a opresión dos nenos e os mozos e polo dereito de todos os nenos á educación", segundo anunciou o Comité Nobel Noruego.
"Os nenos deben ir á escola e non ser explotados financeiramente", defendeu o Comité Nobel, subliñando que "nos países pobres, o 60% da poboación actual ten menos de 25 anos".
No caso de Satyarthi, resaltou que "mostrando gran valor persoal" e seguindo a tradición de Gandhi, "liderou varias formas de protesta e manifestación, todas pacíficas, centrándose na grave explotación dos nenos para obter beneficios financeiros". Así mesmo, "contribuíu" ao desenvolvemento de importantes convencións internacionais" "sobre os dereitos dos nenos". Kailash Satyarthi, enxeñeiro informático indio que hai 28 anos abandonou o ordenador para denunciar ás multinacionais que no seu país explotan nenos de entre 5 e 12 anos de idade, encabeza a organización Global March, que liberou da escravitude empresarial a uns 80.000 nenos en máis de 160 países.
En canto a Malala, "malia a súa xuventude", leva anos loitando polo dereito das nenas "á educación e mostrou co seu exemplo que os nenos e os mozos tamén poden contribuír a mellorar as súas propias situacións". Ademais, resaltou o Comité Nobel, fíxoo baixo as máis perigosas circunstancias. "Mediante a súa loita heroica converteuse nunha destacada voceira dos dereitos das nenas á educación", engadiu.
Lé o artigo completo aquí.
Limos a noticia en inglés nas clases e respostamos algunhas preguntas. Aquí tedes a ficha de traballo que fixemos.
5 de out. de 2014
11 de OUTUBRO. EMPODERAR ÁS ADOLESCENTES: POÑER FIN AO CICLO DA VIOLENCIA
"As nenas son o futuro así que é fundamental que exista un día que está integramente adicado aos seus asuntos" Leymah Gbowee Premio nobel da Paz 2011
Este ano os esforzos van encamiñados a promover a autonomía das adolescentes brindándolles educación, apoio social e coñecementos, educación práctica e para a vida e a fomentar a súa participación. Deste xeito búscase reducir o risco que sofren as adolescentes de ser vítimas de violencia física, sexual e psicolóxica. Para ilo, exhórtase a gobernos, Nacións Unidas, sociedade civil e institucións públicas e privadas a traballar de modo colaborativo para acabar coa violencia contra as nenas e promover a súa autonomía por medio das seguintes medidas:
1. Investir nas adolescentes para dotalas de destrezas, confianza en si mesmas e opcións de vida a través do núcleo familiar, a escola, a capacitación técnica e vocacional, e os sistemas de apoio sanitario, económico e social.
2. Facilitar o acceso das nenas á infraestrutura, os servizos e a tecnoloxía, buscando que respondan ás súas necesidades de seguridade, conectividade e mobilidade.
3. Coordinar a participación das nenas adolescentes na vida cívica, económica e política.
4. Seguir visibilizando a violencia contra as nenas e as mulleres e insistindo en que é totalmente inaceptable tanto no ámbito privado coma no público.
5. Mellorar a calidade dos datos, a medición e os fundamentos empíricos relacionados co empoderamento das nenas adolescentes e a violencia contra elas.

11 DE OUTUBRO. DÍA INTERNACIONAL DA NENA
Imaxina unha nena capaz de cambiar o mundo. Podería ser Mariama, de Níxer, á que, aos seus 13 anos, o seu pai casou cun descoñecido que pagou 152 euros por ela. O Itzel, de 15, que vive en Nicaragua, o país con maior taxa de embarazadas entre os 15 e 19 anos e onde de cada 100 partos, 27 son de adolescentes. Itzel, claro, tamén o está. Como elas, uns 900 millóns de nenas e mulleres viven a carga de selo, atrapadas na pobreza, con menos dun dólar ao día. Son os pobres entre os pobres. E non obstante, ninguén como elas podería impulsar o desenvolvemento dos seus países se alguén lles abre unha porta.
Para recordalo a ONU declarou o 11 de outubro o Día Mundial da Nena co fin de recoñecer os dereitos das nenas e os desafíos excepcionais que confrontan as nenas de todo o mundo. As cifras son moi claras: cada ano de educación secundaria dunha muller reduce a mortalidade dos seus futuros fillos entre un 5 e un 10% e supón un incremento de entre un 10 e un 20% dos seus ingresos cando creza. E o dato é importante, xa que as mulleres inverten o 90% do que gañan na estabilidade do seu fogar, mentres que o varón só dedica entre o 30 e o 40%, de acordo coa media mundial.
A premisa deste Día está clara: as nenas educadas son capaces de transformar as súas vidas, as das súas familias e a das súas comunidades. Nunca un investimento terá maior taxa de retorno. Se ben houbo avances significativos na mellora de acceso das nenas á educación nas últimas dúas décadas, moitas nenas, especialmente as máis marxinadas, seguen estando privadas deste dereito fundamental.
As nenas de moitos países seguen sen poder asistir á escola nin rematar os seus estudos debido a obstáculos relacionados coa seguridade, o financiamento, as institucións e a cultura. Mesmo cando as nenas van á escola, a percepción dun rendemento insuficiente debido á mala calidade da educación, as aspiracións reducidas, ou as tarefas domésticas e outras responsabilidades, lles impiden asistir á escola ou lograr resultados axeitados en materia de aprendizaxe. Aínda é necesario lograr o potencial transformador das nenas e as sociedades que promete a educación. O ano 2013 o Día Internacional da Nena abordou a importancia das novas tecnoloxías e da innovación nas asociacións, as políticas, a utilización de recursos, a mobilización da comunidade e, sobre todo, a participación dos propios mozos.
Entre os exemplos de posibles medidas hai que incluír:
1. A mellora dos medios públicos e privados de transporte para que as nenas vaian á escola: dende estradas ata autobuses, ciclomotores, bicicletas, botes e canoas;
2. A colaboración entre os sistemas de ensino e o sector bancario para facilitar o pagamento seguro e conveniente dos salarios ás mestras e das bolsas ás nenas;
3. A provisión de cursos de ciencia e tecnoloxía dirixidos ás nenas nas escolas, as universidades e os programas de formación profesional;
4. Os programas de mentores empresariais para axudar ás nenas a adquirir as aptitudes de traballo e liderado esenciais e facilitar a súa transición da escola ao traballo;
5. A revisión dos plans de estudo para integrar mensaxes positivas sobre as normas de xénero relacionadas coa violencia, o matrimonio infantil, a saúde sexual e reprodutiva, e as funcións masculinas e femininas na familia 6. A aplicación da tecnoloxía móbil para o ensino e a aprendizaxe co fin de chegar ás nenas, especialmente nas zonas remotas.

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)