"Moita xente pequena, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas, pode cambiar o mundo"
Eduardo Galeano

Blogue de Myriam Morán para as materias Igualdade de xénero e Educación para o desenvolvemento
Amosando publicacións coa etiqueta autoconcepto. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta autoconcepto. Amosar todas as publicacións

4 de feb. de 2018

PERCORRE O TEU LABIRINTO

Durante este curso estamos desenvolvendo un obradoiro de autoidentidade e autoestima na clase de titoría en colaboración coa ONG Intered. Nel traballamos emocións, autoconcepto, identidade e autoestima e xénero dun xeito lúdico e ao mesmo tempo reflexivo. O coñecemento de si mesm@s e do resto da clase é outro dos obxectivos a traballar. Neste video veredes algunhas das opinións da clase.

3 de nov. de 2017

PERCORRE O TEU LABIRINTO


O día 20 de outubro iniciamos este proxecto coa ONG Interred. Unha viaxe na que percorreremos un camiño con moitos currunchos, descoñecido e apaixoante. Unha viaxe na que nos achegaremos máis a nos mesm@s e as nosas emocións, coñeceremos máis de nos e tamén das nosas compañeiras e compañeiros da clase. Con este proxecto descubriremos que a igualdade e o respecto son a base da convivencia e todo iso, pasándolo moi ben na clase.