"Moita xente pequena, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas, pode cambiar o mundo"
Eduardo Galeano

Blogue de Myriam Morán para as materias Igualdade de xénero e Educación para o desenvolvemento
Amosando publicacións coa etiqueta conto. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta conto. Amosar todas as publicacións

10 de mar. de 2020

A HISTORIA DE MALAK.VIDEOCONTO DE UNICEF.

Hai historias que nunca estiveron pensadas para nenos. A historia de Malak é unha delas.
Despois de ver o conto, escribe en comentarios o que te suxire o video e como pensas tie que te sentirías en esa situación.

IVINE E A ´SUA ALMOFADA: VIDEO CONTO DE UNICEF

Ivine e a súa almofada é un conto sen fadas que ningunha nena nin neno xamais debería imaxinar e moito menos ter que afrontar.
Pincha aquí para ver o conto.

10 de feb. de 2017

PRINCIPIÑAS E PRINCESIÑOS

Este vídeo que imos presentar fala de príncipes e princesas diferentes, principiñas: nenas dispostas a vivir aventuras, a reivindicar os seus gustos, a poder enfadarse e a saber que non precisan ser salvadas por príncipes. E princesiños, que están dispostos a expresar as súas emocións, cambiando o concepto de valentía, sabendo que hai cousas que nenos e nenas poden compartir e dando o protagonismo que perderon as nenas a través dos séculos.
Qué che resulta absurdo, ridículo dos contos de fadas? Qué consellos sentimentais darías ás princesas e a os príncipes dos contos para que a súa relación fora mellor? Como che gustaría que foran os príncipes e as princesas dos contos?