A imaxe fala por si mesma. Á hora de elixir disfraces o sexismo segue estando presente. Seguimos legitimando estereotipos relacionados cos roles de xénero. Do mesmo xeito que cos juguetes, outorgamos ao neno a posibilidade de soñar con ser un super-heroe, Drácula, Superman, Spiderman, Batman, Ninja. Sen ningunha connotación engadida. O xogo polo xogo.
E aínda que as cousas cambiaron e xa hai moitas nenas que elixen como eles, ser vampiro, pirata, doutor ou policía, o que non cambiou é o estereotipo da muller con curvas e corpos perfectos. Calquera oficio ou rol que se elixe na maioría dos casos polas mulleres xa sexan pícaras ou adultas van irremediablemente acompañados sempre do adxectivo 'sexy':
Bruxa sexy, monxa sexy, policía sexy, enfermeira sexy, cavernícola sexy, ratona sexy, gata sexy, vampiresa sexy, presidiaria sexy, anxo sexy, egipcia sexy.
Todo SEXY, ata, personaxes tradicionalmente infantís como Caperucita Vermella, Alicia no país das marabillas ou Blancanieves teñen que ser sexies. Ás afortunadas que se permiten elixir super-heroes masculinos como Superman ou Robin a maioría das veces tamén os disfraces vense convertidos en sexies traxes de muller. O importante é estar guapa, non pasalo ben.
Así, ás nenas, négaselles dalgún xeito a posibilidade de xogar, porque xogar a ser únicamente sexy non é divertido. O corpo da muller convértese exclusivamente nun perchero, nun obxecto a ser exhibido. Ademais, tamén resulta aburrido, porque cando algunhas destas mulleres usan eses disfraces non asumen en realidade ningún rol que as diferencie do seu comportamento habitual. Se cadra os roles sexistas marcáronlles tanto que nin o ven, ou lles custa moitotraballo desfacerse deles.
"Moita xente pequena, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas, pode cambiar o mundo"
Eduardo Galeano
Eduardo Galeano
Blogue de Myriam Morán para as materias Igualdade de xénero e Educación para o desenvolvemento
Amosando publicacións coa etiqueta roles de xénero b>. Amosar todas as publicacións

18 de xan. de 2016
OS ESTEREOTIPOS E O XÉNERO
Durante o mes de decembro aprendimos en 1º sobre o tema dos estereotipos e como influen na nosa vida e nas nosas eleccións. Aquí 1ueda un pequeno resumo.
Chamamos estereotipos as etiquetas sociais. Aquelas cousas que se supón que somos polo feito de ser unha rapaza ou un rapaz. Non teñe nada que ver co noso sexo, coa bioloxía, con ser home ou muller, coa reproducción.
Imaxinemos un percheiro. O percheiro como abxecto sería o noso corpo físico, de home ou muller (o sexo), mentre que todo aquilo que colgamos del reflectiría o que a sociedade pon enriba para construir o que é masculino ou feminino: os trazos, comportamentos que constrúesn simbólicamente como é unha muller ou un home. (A metáfora do percheiro é de Linda Nicholson, 2003).
Despois de nomear algúns estereotipos, fixemos un mural con percheiros nos colocamos estas etiquetas sociais.
Estereotipos Femininos:
Afectiva, amable, empática, comprensiva, medosa, submisa. Dependente, tenra, débil e conformista.
Traballadora, estudosa, calada e responsable.
Sensible, intuitiva. Expresiva, pasiva subxectiva. Dáselle mellor o traballo doméstico, coidar d@s fill@s , limpa e paciente. Dáselle mal a tecnoloxía.
Estereotipos masculinos:
Valente, forte, agresivo, musculoso, decidido, competitivo, dominante. Independente, seguro, franqueza, eficaz, obxectivo, arriscado. Pasota e irresponsable na escola. Dáselle mellor a EF, é activo. É bo en matemáticas e en tecnoloxía. Non amosa emocións, non pode chorar. É bo arranxando cousas e coas máquinas.
Reflexionamos sobre o tema e vimos que moitas das etiquetas que nos colgan non teñen nada que ver connosco. Así que dixemos:
PASAMOS DOS ROLES, non importa o sexo. Tod@s choramos, protestamos, coidamos dos pequn@s, facemos a cama e a merenda, xogamos ao fútbol , somos competitiv@s, somos bo@s en deporte e tecnoloxía, preocupámonos dos demáis.

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)