"Moita xente pequena, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas, pode cambiar o mundo"
Eduardo Galeano

Blogue de Myriam Morán para as materias Igualdade de xénero e Educación para o desenvolvemento

13 de dec. de 2015

TRAZO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO


TRAZO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO on PhotoPeach

Galería fotográfica das actividades realizadas para conmemorar o día internacional da violencia contra a muller no colexio.

TANIA en ARTUR e CLEMENTINA

O debut de Tania co conto "Artur e Clementina" foi espectacular. resentou a súa actuación para os máis pequenos do colexio e para toda a secundaria. Non cabe dúbida de que é unha gran artista.
Déixovos con ela.

11 de dec. de 2015

25 de NOVEMBRO: MARÍA co conto ARTUR e CLEMENTINA

Os cursos de 3º e 5º de primaria disfrutaron co relato de María do conto Artur e Clementina o día contra a violencia de xénero. Ela contouno tna ben que todo o mundo comprendeu a carga que levaba Clementina nas suas costas.
Aquí tedes o video na biblioteca.

1 de dec. de 2015

25 de Novembro: TEATRO

Para conmemorar o 25 de Novembro, día internacional da violencia contra a muller, na clase de 1º de Igualdade de xénero e dereitos humanos preparamos o conto Artur e Clementina. Fixemos dous grupos de teatro para representar a obra y tres rapazas fixeron de contacontos. Tod@s nos fomos contar o conto polas clases de primaria, cada un@ de nos a un grupo. Tamén necesitamos un equipo de artistas que se adicou a facer os carteis para as representacións. Toda a clase participou e desfrutamos moito.
Aquí tedes o video que montou Ramón, o profe de EF, da representación do grupo formado por Vannia, Paula e Samuel. Esperamos que vos guste.