"Moita xente pequena, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas, pode cambiar o mundo"
Eduardo Galeano

Blogue de Myriam Morán para as materias Igualdade de xénero e Educación para o desenvolvemento
Amosando publicacións coa etiqueta . Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta . Amosar todas as publicacións

5 de abr. de 2017

3º ESO REFLEXIONA

Dedica, por favor, unos minutos a elaborar este cuestionario. Luego comentaremos en clase los resultados en relación con el Programa Quérote eN el que participamos este curso.

REFLEXIONANDO


21 de mar. de 2016

MÚSICA SILENCIADA: COMPOSITORAS


Mozart, Bach, Beethoven, Vivaldi... somos quen de lembrar moitos compositores de música clásica, pero, se pensamos en mulleres que se dedicaran á escrita e creación, non saen os nomes tan facilmente. De feito, se lle botamos unha ollada aos libros de texto da materia, pode que non apareza ningunha. 
Xa no s.XX, coa irrupción da música popular e o mercado de gravacións, a radio... a cousa foi cambiando, afortunadamente!
O alumnado de 3ºESO tennos unhas infografías preparadas para nos achegar a varias compositoras de distintas épocas musicais, todas recompiladas nesta web. Que vos guste!


Os traballos están recollidos nesta presentación de Google Drive:

18 de feb. de 2016

CONMEMORACIÓN DO DÍA DA PAZ

En francés:

En inglés:

DÍA DA PAZ

Na conmemoración deste día, reunímonos todos os grupos de secundaria para compartir algunhas das actividades que preparamos.
Uxía, de 1º de ESO leu o poema " Incomprensión" no que se pon na pel dunha nena refuxiada.
O grupo de 3º fixo un rap na clase de titoría e recitaron un poema en francés en memoria das vítimas do acto terrorista en París o pasado mes de novembro.

Cantamos en inglés 2 cancións: "Imagine", de John Lennon e "What a wonderful world" de Louis Amstrong.


12 de feb. de 2016

CHILD SOLDIERS

O día 12 de Febreiro conmemórase o día internacional contra a utilización dos nenos soldado. No caso das nenas ademáis son obligadas a servir de esclavas sexuais.





Deng é un máis dos 200000 nenos que son obligados a ser soldados.  

Deng é un neno de 15 anos do sur de Sudán. Neste video cóntamos como foi esclavizado e posteriormente uniuse ao exército intentado buscar una compensación pola inxustiza que se cometeu con el.
Deng é un dos mais de 300000 nenos e nenas que son obligados a ser soldados en todo o mundo.
Na clase de inglés vimos este video e completamos esta actividade.


Aquí tedes un video de RTVE e máis información.

14 de abr. de 2015

COLAXES SOBRE DEREITOS HUMANOS

Colaxes sobre a expresión e violación dos dereitos humanos.
Lemos os dereitos humanos, en grupos de 3 selecionamos un deles para realizar un colaxe no que os presentamos ou denuciamos a súa falta de cumplimento.

Colaxes Dereitos Humanos"

More presentations from pritrazo

13 de xan. de 2015

ODM POR 3ºESO

Ola! Hoxe, por fin subimos o alumnado de 3º a nosa entrada para colaborar neste proxecto sobre os obxectivos do milenio.
Fixemos un prezi, cousa que aprendimos a manexar pois antes non sabíamos nada del.
Tivemos varias sesións, para elaborar este prezi. Neste tempo aprendimos máis sobre a violencia de xénero, erradicar a fame...
Sen máis , deixámosvos co noso traballo.