Na clase de titoría de 1º participamos nun obradoiro de habilidades sociais, dentro de programa Igualar, que ten como obxectivos:
OBXECTIVOS DO PROGRAMA:
Os obxectivos principais das actividades contempladas no Programa IgualaR son:
Promover no alumnado o desenvolvemento das habilidades e estratexias de comunicación para unha resolución de conflitos non violenta: escoita activa, expresión de sentimentos e asertividade.
Mellorar o autocoñecemento.
Fomentar a formación en igualdade da poboación xuvenil.
Modificar modelos e prexuízos baseados nas diferenzas de xénero.
Desenvolver a capacidade de comunicación e de resolución de conflitos de xeito pacífico.
Sensibilizar sobre a violencia de xénero e as súas causas.
Fomentar as relacións igualitarias entre o alumnado.
Foron dúas sesións nas que o pasamos moi ben e aprendimos moitas cousas relacionadas con asertividade e dereitos asertivos. Aquí deixamos un resumo da actividade.
"Moita xente pequena, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas, pode cambiar o mundo"
Eduardo Galeano
Eduardo Galeano
Blogue de Myriam Morán para as materias Igualdade de xénero e Educación para o desenvolvemento
Amosando publicacións coa etiqueta obradoiro b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta obradoiro b>. Amosar todas as publicacións
2 de nov. de 2016
26 de xan. de 2015
OBRADOIRO DE FOTOGRAFÍA 2
Nesta segunda sesión, Oscar resolviu as dúbidas para abordr o proxecto e axudounos a mellorar as nosas fotografías. Cando todo estivo claro, comezamos as nosas prácticas por grupos.
17 de xan. de 2015
OBRADOIRO DE FOTOGRAFÍA
A fotografía será o medio que utilizaremos para contar o que ocorre ao noso arredor en relación coa igualdade de xénero co obxectivo de promover un mundo máis igualitario, no que as rapazas e mulleres teñan os mesmos dereitos que os mozas e os homes.
Oscar e Ros guiáronnos nesta primeira sesión na que aprendimos moito e comezamos a "exprimirnos o cerebro". Aquí tedes un vieo-resumo da sesión.
11 de dec. de 2014
OBRADOIRO OBXECTIVOS DO MILENIO
Aquí tedes un video resumo do obradoiro sobre desigualdades de novembro.
A VOZ DE GALICIA INFORMA
Esta vez saímos en "La Voz de la Escuela" deste mércores 10 de decembro polo obradoiro sobre obxectivos do milenio.
Aquí tedes a noticia.
Aquí tedes a noticia.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
