"Moita xente pequena, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas, pode cambiar o mundo"
Eduardo Galeano

Blogue de Myriam Morán para as materias Igualdade de xénero e Educación para o desenvolvemento

2 de nov. de 2016

OBRADOIRO DE HABILIDADES SOCIAIS

Na clase de titoría de 1º participamos nun obradoiro de habilidades sociais, dentro de programa Igualar, que ten como obxectivos:
OBXECTIVOS DO PROGRAMA:

Os obxectivos principais das actividades contempladas no Programa IgualaR son:
Promover no alumnado o desenvolvemento das habilidades e estratexias de comunicación para unha resolución de conflitos non violenta: escoita activa, expresión de sentimentos e asertividade.
Mellorar o autocoñecemento.
Fomentar a formación en igualdade da poboación xuvenil.
Modificar modelos e prexuízos baseados nas diferenzas de xénero.
Desenvolver a capacidade de comunicación e de resolución de conflitos de xeito pacífico.
Sensibilizar sobre a violencia de xénero e as súas causas.
Fomentar as relacións igualitarias entre o alumnado.
Foron dúas sesións nas que o pasamos moi ben e aprendimos moitas cousas relacionadas con asertividade e dereitos asertivos. Aquí deixamos un resumo da actividade.

Ningún comentario:

Publicar un comentario