"Moita xente pequena, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas, pode cambiar o mundo"
Eduardo Galeano

Blogue de Myriam Morán para as materias Igualdade de xénero e Educación para o desenvolvemento
Amosando publicacións coa etiqueta 3ºESO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 3ºESO. Amosar todas as publicacións

15 de mar. de 2018

8 MARZO: POEMA "NÓS"

Uxía, de 3º, escribiu un poema para odía de hoxe. Se clicades na foto, verédela recitandoo.




NÓS

Nós…
Os ollos avivados
o sangue por mirada
a valentía por lema
e a mente como espada.
Combater tales palabras,
que bocas din satisfeitas,
e que nos chamen obxectos,
tan bonitas e tan feitas.
Nós...
Ataques de rabia enferma,
mal corpo polas mañás,
nós tamén somos persoas
e trátannos coma cans.
Quérennos facer pensar,
que nós somos inferiores,
cando ó que teñen é medo,
é que sexamos mellores.
Nós...
Acabaemos coas barreiras,
apoiémonos, irmás!
vivamos como as mulleres
que nunca se rendirán.
Nós...
Esta fea, esta guapa,
esta tonta, esta gorda.
Esta que vai sen sorriso,
pola túa opinión vizosa.
Nós...
Levamos a vida ao lombo,
a nosa e a dos demais,
pero o problema vai vir,
cando a tiremos ao chan.
En calquera situación,
somos quen de decidir,
se ter fillos, cociñar,
con quen e como vivir
Comeza a revolución,
as mulleres sen fronteiras,
nin sumisas, nin escravas,
nin pesadas, nin tristeiras.

Uxía Iglesias

20 de dec. de 2016

MASCULINO SINGULAR E MAKINARIA

Para conmemorar o 25 de novembro, día internacional da violencia contra a muller, os curso de 3º e 4º participaron nun obradoiro de poesía, no que reflexionaron sobre os estereotipos, a desigualdade e a violencia de xénero. traballaron con algúns poemas da obra de Carlos Negro: "Masculino singular" e "Makinaria".

21 de mar. de 2016

MÚSICA SILENCIADA: COMPOSITORAS


Mozart, Bach, Beethoven, Vivaldi... somos quen de lembrar moitos compositores de música clásica, pero, se pensamos en mulleres que se dedicaran á escrita e creación, non saen os nomes tan facilmente. De feito, se lle botamos unha ollada aos libros de texto da materia, pode que non apareza ningunha. 
Xa no s.XX, coa irrupción da música popular e o mercado de gravacións, a radio... a cousa foi cambiando, afortunadamente!
O alumnado de 3ºESO tennos unhas infografías preparadas para nos achegar a varias compositoras de distintas épocas musicais, todas recompiladas nesta web. Que vos guste!


Os traballos están recollidos nesta presentación de Google Drive: