"Moita xente pequena, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas, pode cambiar o mundo"
Eduardo Galeano

Blogue de Myriam Morán para as materias Igualdade de xénero e Educación para o desenvolvemento
Amosando publicacións coa etiqueta presentación. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta presentación. Amosar todas as publicacións

13 de abr. de 2015

VISITA DE PAISES DO SUR

Quedamos impactad@s co que escoitamos o outro día coa visita de estas personas. Abríronnos os ollos a unhas realidades moi diferentes as nosas e a o seu traballo. As dificultades que teñen para asistir á escola ou ao médico, o seu traballo nas organizacións as que pertencen e seu compromiso social.

5 de mar. de 2015

BIOGRAFÍAS: MES DA HISTORIA NEGRA

Unha das actividades que fixemos en 2º ESO para conmemorar este mes da historia negra foi escribir a biografía de algúns personaxes importantes na loita polos dereitos civís dos afroamericanos.Despois fixemos unha presentación oral na clase.
Aquí tedes unha presentación con elas.

16 de dec. de 2014

ANIMAIS EN PERIGO DE EXTINCICIÓN

Este mes os de 1º traballou as descripcións de animais. Cada un elexiu un animal en perigo de extinción e investigou sobre eles. Tamén buscaron as razóns polas que están desaparecendo e incluiron esa información nunha presentación.

7 de dec. de 2014

DIWALI

Aquí tedes a presentación de Alba e Eloy sobre esta festa que é como aquí a de Ano Novo. Leron varios artigos, buscaron fotos en internet e prepararon esta presentación oral que veredes a continuación.

25 de nov. de 2014

ABRE OS OLLOS

As charlas que recibimos nas semanas anteriores e as dinámicas nas que participamos, fixeron posible que nos puxeramos as gafas violeteas para poder ver o mundo dende a igualdade.

13 de nov. de 2014

FESTIVAL DOS ELEFANTES PINTADOS NA INDIA

A clase de Proxecto Interdisciplinar quere ser unha pequena ventá pola que achegarnos ao mundo e coñecer diferentes aspectos doutras culturas. Nesta ocasión preparamos unha presentación oral sobre O Festival dos Elefantes da India e sobre un dos moitos deuses do hinduismo, o popular deus Ganesha.
Anabel e Oscar leron varios artigos, buscaron fotos en internet e prepararon a presentación oral que veredes a continuación.


Fontes:
Ganesha, o elefante sagrado : http://www.taringa.net
¿Por qué os elefantes son sagrados na India?: https://redaccion.lamula.pe
Festival dos elefantes pintados:http://www.taringa.net
O desfile dos elefantes pintados: http://www.nationalgeographic.com.es

29 de out. de 2014

FUNCIÓNS DA ONU

Ola! O alumnado de 2ºESO estivemos a traballar sobre as funcións da ONU e aquí vos deixamos a presentación. Fixémolo na materia de Educación para a cidadanía e os dereitos humanos.