"Son muller". Canción do grupo "Máis boas cás patacas" coa que gañaron o concurso de música infantil e xuvenil Quero Cantar, organizado pola Deputación da Coruña.
"Máis boas cás patacas", trátase dunha banda teense integrada por oito rapazas do IES de Cacheiras, no que o talento das voces de Lua, Valeria e Ruth, a guitarra de Ana, o baixo de Sara, o uquelele de Carme, o piano de Cristina e a batería de Candela, seguen as indicacións da súa mestra de música, Matilde, para compor pezas tan fermosas como a que presentaron ao certame "Quero Cantar".
Aquí tedes o seu video presentación para o certame.
"Moita xente pequena, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas, pode cambiar o mundo"
Eduardo Galeano
Eduardo Galeano
Blogue de Myriam Morán para as materias Igualdade de xénero e Educación para o desenvolvemento
Amosando publicacións coa etiqueta music b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta music b>. Amosar todas as publicacións
3 de nov. de 2017
21 de mar. de 2016
MÚSICA SILENCIADA: COMPOSITORAS
Mozart, Bach, Beethoven, Vivaldi... somos quen de lembrar moitos compositores de música clásica, pero, se pensamos en mulleres que se dedicaran á escrita e creación, non saen os nomes tan facilmente. De feito, se lle botamos unha ollada aos libros de texto da materia, pode que non apareza ningunha.
Xa no s.XX, coa irrupción da música popular e o mercado de gravacións, a radio... a cousa foi cambiando, afortunadamente!
O alumnado de 3ºESO tennos unhas infografías preparadas para nos achegar a varias compositoras de distintas épocas musicais, todas recompiladas nesta web. Que vos guste!
Os traballos están recollidos nesta presentación de Google Drive:
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)