"Moita xente pequena, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas, pode cambiar o mundo"
Eduardo Galeano

Blogue de Myriam Morán para as materias Igualdade de xénero e Educación para o desenvolvemento

3 de nov. de 2017

MÁIS BOAS CAS PATACAS

"Son muller". Canción do grupo "Máis boas cás patacas"  coa que gañaron o concurso de música infantil e xuvenil Quero Cantar, organizado pola Deputación da Coruña.
"Máis boas cás patacas", trátase dunha banda teense integrada por oito rapazas do IES de Cacheiras, no que o talento das voces de Lua, Valeria e Ruth, a guitarra de Ana, o baixo de Sara, o uquelele de Carme, o piano de Cristina e a batería de Candela, seguen as indicacións da súa mestra de música, Matilde, para compor pezas tan fermosas como a que presentaron ao certame "Quero Cantar".

Aquí tedes o seu video presentación para o certame.

Ningún comentario:

Publicar un comentario