"Moita xente pequena, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas, pode cambiar o mundo"
Eduardo Galeano

Blogue de Myriam Morán para as materias Igualdade de xénero e Educación para o desenvolvemento

26 de nov. de 2017

É O MESMO FEMINISMO E IGUALISMO?

Esta foto mostra moi ben, que o igualismo non é o mesmo que igualdade. Xa que no igualismo todos suman un escalón e por tanto, o machismo seguiría nas nosas vidas. Temos que lograr eliminalo canto antes, xa que cada vez hai máis casos de violencia de xénero. E non só iso, ata hoxe mesmo se ven as grandes diferenzas entre salarios de homes e mulleres. Aínda por riba de traballar todo o día, ao chegar á casa as mulleres teñen máis traballo: a cea, coidar ós fillos, mentres que o home se relaxa e descansa despois dun día de traballo igualiño ó da muller.
Igualdade significa equidade, é dicir, que todos e *todas* temos os mesmos dereitos, absolutamente os mesmos. Temos que loitar, se vemos un simple signo de machismo denuncialo, non calalo, calando estamos colaborando co machismo a que os dereitos das mulleres queden polo chan. Isto só cambiará cunha loita constante.
NON É UNHA TONTERÍA. É O NOSO FUTURO.

Alba Rey

Ningún comentario:

Publicar un comentario