A primeira vez que vin este cartel, pareceume moi ben. Pero despois de tanto falar na clase e leer un capítulo do libro "Feminismo ilustrado", xa non vexo o cartel con tan bos ollos como o vía antes. Agora paréceme moi ofensivo.
Nel aparecen 3 mulleres xigantes, de distinta idade as que comparan con monumentos, como se solo serviramos para estar guapas, é decir como se foramos máis adorno que persoa, coma se foramos obxectos do patrimonio que hay que protexer. Como se as mulleres non poideramos defendernos solas, como se non foramos persoas. Non somos obxectos e non pertencemos a ninguén.
Iso non e así, ainda quede moito camiño por diante, as mulleres somos fortes e valentes para loitar polo noso.
Ademáis o texto tampouco está nada ben. Non só as mulleres son as máis grandes de Galicia, se non que un home que non maltrata e defende a igualdade tamén e un home moi grande. Pola contra, un home que maltrata si que está moi abaixo, para min eso peor do mundo, un home maltratador.
Ahinoa
Ningún comentario:
Publicar un comentario