"Moita xente pequena, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas, pode cambiar o mundo"
Eduardo Galeano

Blogue de Myriam Morán para as materias Igualdade de xénero e Educación para o desenvolvemento

18 de dec. de 2017

NIN ROSA NIN AZUL

Nin rosa nin azul. 
Onte vin esta foto nun bazar en Ordes e pareceume fatal porque segundo eses estereotipos, os rapaces teñen autoconfianza, resistencia, forza e asumen máis riscos resolvendo situacións. Mentras, as rapazas destacan por desarrollar maiores habilidades organizativas e cooperativas. 
É importante que se traballe o aspecto cultural do xénero como tal, entendendo que todos os comportamentos que se entenden como femininos ou como masculinos son roles de xénero cos que temos que romper. Son modos de comportamento e patróns dos que xurden unhas expectativas, de aí que a identidade das persoas se divida dependendo do sexo no que haxas nacido.
É unha loita constante para que os cores non afecten nos nosos gustos. Rosa para as nenas? Debilidade, amor, tenrura... Azul para os nenos? Forza, agresividade... Bonecas para as nenas? Coches para os nenos?... Non ten porque ser así, pero para desfrutar do que nos gusta temos que romper cos roles de xénero e que non nos pareza raro ver a un rapaz coidando un bebé nin xogando ás barbies e que as nenas poidan xogar ós coches, poidan pelexar e poidan ser tan fortes como os rapaces. Porque somos iguais e debemos selo en todos os aspectos da vida, non só ante a lei.

Alba Rey

Ningún comentario:

Publicar un comentario