"Moita xente pequena, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas, pode cambiar o mundo"
Eduardo Galeano

Blogue de Myriam Morán para as materias Igualdade de xénero e Educación para o desenvolvemento
Amosando publicacións coa etiqueta cultura. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta cultura. Amosar todas as publicacións

17 de feb. de 2016

O TEU NOME EN CHINÉS

Na clase de lingua castelá, aprendemos sobre a escritura chinesa.
 O outro día, Vicky, a profesora de inglés de 3º e 4º de ESO, veu á nosa clase a contarnos algo sobre Hong Kong, onde viviu un tempo. Contounos moitas cousas interesantes. O que máis me chamou a atención, foi que ás nenas tratábanas dun xeito especial, coma se non servisen para nada. Tamén fixemos unha actividade: escribimos en chino! Foi moi divertido e espero facer outra actividade coma esta, porque aprendemos un pouquiño doutra cultura. Grazas, Vicky!

E porqué non regalarlle a alguén o seu nome en chino ?
Visita esta páxina e poderás escribir calquera nome con caligrafía chinesa. Logo podes imprimilo, colorealo e pegalo nunha postal feita por ti ou imprimir unha camiseta como regalo de nadal.
Tamén podes crear unha pintura chinesa tradicional personalizada con a caligrafía do teu nome chinés.
Aquí tes unha mostra:

6 de feb. de 2015

CONSTRUCIÓN DAS LANTERNAS CHINESAS

O mércores 29 pola tarde os grupos de 2º, 3º e 3º PDC construiron os faroliños para lanzar ao aire o día da paz. Aquí tedes unha presentación coas fotos do proceso.

13 de nov. de 2014

FESTIVAL DOS ELEFANTES PINTADOS NA INDIA

A clase de Proxecto Interdisciplinar quere ser unha pequena ventá pola que achegarnos ao mundo e coñecer diferentes aspectos doutras culturas. Nesta ocasión preparamos unha presentación oral sobre O Festival dos Elefantes da India e sobre un dos moitos deuses do hinduismo, o popular deus Ganesha.
Anabel e Oscar leron varios artigos, buscaron fotos en internet e prepararon a presentación oral que veredes a continuación.


Fontes:
Ganesha, o elefante sagrado : http://www.taringa.net
¿Por qué os elefantes son sagrados na India?: https://redaccion.lamula.pe
Festival dos elefantes pintados:http://www.taringa.net
O desfile dos elefantes pintados: http://www.nationalgeographic.com.es

O HINDUISMO: UNHA RELIXIÓN CON MÁIS DE 1000 DEUSES E DEUSAS

O hinduísmo é a relixión predominante en India aínda que convive con outras relixións como o Cristianismo, o Budismo e o Islam. Dentro das grandes relixións é a máis antiga e a terceira máis estendida a nivel mundial, máis de 800 millóns de seguidores.

Non ten fundador nin ordes sacerdotais, non existe un dogma único e carece de organización central. É por isto que dentro do hinduísmo podemos encontrar distintas correntes culturais ou escolas: deísta, teístas, monoteístas, politeístas, agnósticas e, mesmo ateas. Ten como principo "a unidade na diversidade" o que a converte nunha relixión complexa.
O hinduismo é unha relixión politeista, teñen miles de deusas e deuses, un dos máis populares é Ganesha, o deus con cabeza de elefante.


Segundo a lenda, o deus Shiva, o deus hindú da destrución, marchou á guerra e a súa muller Parvati, deseó tomar un baño, pero non habendo ningún garda para que vixiase a porta do seu apousento ocorréuselle a idea de crear un fillo para que o custodiase.

Parvati creou entón a Ganesha da pasta de sándalo que usaba para bañarse e lle deu vida dentro dunha figura. Entón ela situouno na porta e lle dió instrucións para que ninguén entrase. Mentres tanto o deus Shiva regresou da batalla pero como Ganesha non o coñecía non lle deixou que entrase no cuarto de Parvati. Shiva, enfurecido por este feito, colleu a súa espada e cortou a cabeza de Ganesha. Cando Parvati saíu e vió a Ganesha decapitado entrou en cólera. Entón ela adquiriu a forma da deusa Kali e ameazou con destruír os tres mundos existentes, o ceo, a terra e o subsolo. Vendo o malhumorada que estaba, os outros deuses estaban realmente temerosos e Shiva, nun intento de calmar a Parvati, transmitiu á multitude que trouxeran a cabeza do primeiro ser vivo que aparecese do norte (a dirección propicia asociada coa sabedoría). O primeiro ser vivo que apareceu foi un elefante. Entón trouxéronlle a cabeza do elefante e Shiva colocouna no madeiro do fillo de Parvati dándolle vida. Parvati púxose contenta e abrazou o seu fillo, o neno con cabeza de elefante que Shiva chamou Ganesha.