O outro día, Vicky, a profesora de inglés de
3º e 4º de ESO, veu á nosa clase a contarnos algo sobre Hong Kong, onde viviu
un tempo. Contounos moitas cousas interesantes. O que máis me chamou a
atención, foi que ás nenas tratábanas dun xeito especial, coma se non servisen
para nada. Tamén fixemos unha actividade: escribimos en chino! Foi moi
divertido e espero facer outra actividade coma esta, porque aprendemos un
pouquiño doutra cultura. Grazas, Vicky!
E porqué non regalarlle a alguén o seu nome en chino ?
Visita esta páxina e poderás escribir calquera nome con caligrafía chinesa. Logo podes imprimilo, colorealo e pegalo nunha postal feita por ti ou imprimir unha camiseta como regalo de nadal.
Tamén podes crear unha pintura chinesa tradicional personalizada con a caligrafía do teu nome chinés.
Aquí tes unha mostra:
Ningún comentario:
Publicar un comentario