"Moita xente pequena, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas, pode cambiar o mundo"
Eduardo Galeano

Blogue de Myriam Morán para as materias Igualdade de xénero e Educación para o desenvolvemento

22 de feb. de 2016

ALEJANDRO SANZ EXPULSA A UN AGRESOR DO SEU CONCERTO EN MEXICO

Alejandro Sanz convertiuse en Trending Topic onte cando comezou a circular un video do seu concerto en Rosarito, México no que defendía a unha muller. O video convertiuse en viral en pouco tempo.
Alejandro Sanz parou un concerto para sair en defensa dunha muller que estaba sendo agredida por un home.
O concerto acababa de comezar e entre as primeiras filas formouse un tumulto. Sobre o escenario, Alejandro Sanz abandonou o micrófono e sinalou ao público. A canción, "A música non se toca", seguía soando, mentres o cantante parecía cada vez máis irritado co que sucedía baixo as taboas. Alejandro desentendeuse por completo a actuación, co micrófono na man, baixou do escenario e encarouse co agresor."Eso non se fai", eso non se fai". Cando regresou ao escenario recriminou de novo ao agresor de novo e indicoulle ao equipo de seguridade que o expulsara do concerto.
"Discúlpenme polo de fai un rato, pero non soporto que se maltrate a ninguén, e moito menos a unha muller, a unha muller non se lle pega", expresou o cantante minutos despois.



Ningún comentario:

Publicar un comentario