"Moita xente pequena, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas, pode cambiar o mundo"
Eduardo Galeano

Blogue de Myriam Morán para as materias Igualdade de xénero e Educación para o desenvolvemento
Amosando publicacións coa etiqueta MXF. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta MXF. Amosar todas as publicacións

28 de xan. de 2021

LA FLOR DEL DESIERTO

Espectacular fragmento de la película "Flor del Desierto", en homenaje a todas esas mujeres frajeladas y humilladas del Africa actual. Para que nunca tengamos que volver a oir estar barbaries.

4 de feb. de 2020

6 de Febreiro: DIA INTERNACIONAL CONTRA A MUTILACIÓN XENITAL FEMININA

A mutilación xenital feminina (MXF) comprende todos os procedementos consistentes en alterar ou danar os órganos xenitales femininos por razóns que nada teñen que ver con decisións médicas. Está recoñecida internacionalmente polas organización das nacións unidas (ONU) como unha violación dos dereitos humanos das mulleres e nenas.

Reflicte unha desigualdade entre os sexos moi arraigada e constitúe unha forma extrema de discriminación contra mulleres e nenas. Esta práctica viola os seus dereitos á saúde sexual e reproductiva, a seguridade e a integridad física, o dereito a non ser sometidas a torturas e tratos crueis, inhumanos ou degradantes e o dereito á vida nos casos en que o procedemento acaba producindo a morte.

Esta práctica concéntrase en 30 países de África e de Oriente Medio e Asia meridional (dos países sobre os que se dispón de datos), con todo trátase dun problema universal e é unha práctica común nalgúns países asiáticos como a India, Indonesia, Iraq e Paquistán, así como entre algunhas comunidades indígenas de Latinoamérica, como a de Emberá en Colombia. Así mesmo, persiste nas poboacións emigrantes que viven en Europa Occidental, en Norte América, Australia e Nova Zelanda.

Datos destacables

  • Calcúlase que hai polo menos 200 millóns de nenas e mulleres mutiladas en todo o mundo.
  • A mutilación xenital feminina está diminuíndo en moitos países. Pero se se mantén nos niveis actuais, o rápido crecemento da poboación nos países onde se dá esta práctica, aumentará significativamente o número de nenas que sofren a mutilación.
  • Calcúlase que uns 68 millóns de nenas serán sometidas á mutilación genital feminina de aquí a 2030.
  • Os países coa prevalencia máis alta entre nenas e mulleres de 15 a 49 anos son Somalia (98%), Guinea (97%), Djibouti (93%) e Egipto (87%).
  • A mutilación genital feminina practícase en nenas nalgún momento das súas vidas entre a infancia e os 15 anos.
  • As nenas que foron sometidas á mutilación genital feminina enfróntanse a complicaciones a curto prazo como dor aguda, estados traumáticos, hemorragias graves, infeccións e dificultade para orinar, así como consecuencias a longo prazo para a súa saúde sexual e reproductiva e para a súa saúde mental.
  • A mutilación xenital feminina está arraigada nas desigualdades de xénero e os desequilibrios de poder entre homes e mulleres. Sostense limitando as oportunidades para que as nenas e as mulleres exerzan os seus dereitos e o seu pleno potencial en materia de saúde, educación e ingresos.
  • Esta práctica viola os dereitos humanos das mulleres e as nenas, infringiendo os principios, normas e estándares establecidos, incluída a non discriminación por razón de sexo; os dereitos á saúde, á integridad física e á vida; o dereito a non ser sometido a torturas nin a penas ou tratos crueis, inhumanos ou degradantes; e os dereitos do neno e a nena.
  • O Obxectivo de Desenvolvemento Sostenible (ODS) número 5, Igualdade de xénero, inclúe entre as súas metas "Eliminar todas as prácticas nocivas, como o matrimonio infantil, precoz e forzado e a mutilación genital feminina" (meta 5.3).
  • Eliminar a mutilación xenital feminina é un paso crucial cara á realización doutros obxectivos, que se centran na boa saúde e o benestar, a maternidade sen risco, a educación de calidade, as sociedades inclusivas e o crecemento económico.
  • Varias organizacións intergubernamentales entre outras, a Unión Africana, a Unión Europea e a Organización de Cooperación Islámica? e tres resolucións da Asemblea Xeral da ONU pediron a eliminación da mutilación genital feminina.
Fonte: ONU

6 de Febreiro: CONTRA A MULTILACIÓN XENITAL FEMININA


Sarian Karim Kamare ten 39 anos, é orixinaria de Sierra Leoa e vive en Londres desde 1999. Aos 11 anos, os seus genitales foron mutilados. Un día nunha festa, alguén vendó os seus ollos e sen anestesia, cortáronlle o clítoris cun coitelo.

25 de mar. de 2018

6 de FEBREIRO: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A MUTILACIÓN XENITAL FEMININA

A Organización Mundial da Saúde (OMS) declarou o 6 de febreiro Día Internacional de Tolerancia Cero coa Mutilación Xenital Feminina. Segundo sinala a OMS a mutilación xenital feminina afecta a ao redor de 140 millóns de nenas e mulleres, e cada ano máis de 3 millóns de nenas corren risco de sufrila.
Cada ano celébrase esta data para sensibilizar acerca desa práctica, xa que a mutilación xenital feminina considérase unha práctica daniña e unha violación dos dereitos humanos das nenas e as mulleres. Por iso a OMS dedica este ano unha atención especial á preocupante tendencia de que sexan os propios prestadores de atención de saúde quen realice a mutilación xenital feminina, contribuíndo dese modo a legitimizarla e mantela.
A Mutilación Xenital Feminina (MGF) é unha pauta extrema que representa a dominación patriarcal sobre o corpo feminino. A través destas prácticas de mutilación de toda ou parte dos xenitais femininos quítaselles unha forma de acceso ao pracer nas relacións sexuais, extirpándolles do mesmo xeito o control sobre a súa sexualidade.
A MGF é unha práctica que perpetúa a desigualdade de xénero e a discriminación cara ás mulleres. Son as crenzas socioculturais e relixiosas as que impón ás mulleres a idea de que teñen que practicar estes actos, pautas que nada teñen que ver coa saúde, senón que manifestan a dominación masculina sobre o corpo das mulleres.
Plan niña contra la ablación.
Noticias sobre a ablación do clítoris.

7 de feb. de 2017

LA FLOR DEL DESIERTO

ONTE FOI O DÍA CONTRA A MUTILACIÓN XENITAL FEMININA
Unha salvaxe violación dos dereitos humanos das mulleres, unha tradición terrible que sofren 3 millóns de nenas ao ano.
A ablación ten destrozada a vida de 200 millóns de mulleres. Aquí tes a testemuña dunha delas.
Galería fotográfica da ceremonia nunha tribu africana.
A historia de Waris Dirae, modelo, escritora e activista na loita contra a mutilación xenital feminina é contada na película "A flor do deserto" . Aquí tedes un fragmento moi revelador.

WARIS DIRIE