Quen inventou que, en asuntos amorosos, os mozos teñan que tomar a iniciativa? Por que está mal visto que choren os mozos? E por que non poden mostrar que teñen medo? Por que é máis importante o aspecto físico das mozas que o dos mozos? Carlota descobre tamén o horror das cifras: o 70% dos pobres da Terra son mulleres!
O diario violeta de Carlota é unha guía subversiva que nos invita a reflexionar,ás veces con humor, outras con rabia e moitas veces con impotencia sobre a situación da muller no mundo actual e anímanos a continuar a cadea violeta. Para descubrir situacións inxustas coa muller e para detectar cando actuamos segundo uns modelos impostos, necesitas as lentes de cor violeta. Ponas!
Preme aquí para facer as actividades.
Ningún comentario:
Publicar un comentario