Para conmemorar o 25 de Novembro, día internacional da violencia contra a muller, na clase de 1º de Igualdade de xénero e dereitos humanos preparamos o conto Artur e Clementina. Fixemos dous grupos de teatro para representar a obra y tres rapazas fixeron de contacontos. Tod@s nos fomos contar o conto polas clases de primaria, cada un@ de nos a un grupo. Tamén necesitamos un equipo de artistas que se adicou a facer os carteis para as representacións. Toda a clase participou e desfrutamos moito.
Aquí tedes o video que montou Ramón, o profe de EF, da representación do grupo formado por Vannia, Paula e Samuel. Esperamos que vos guste.
Ningún comentario:
Publicar un comentario