A cantidade de auga que hai na terra é sempre a mesma. No laboratorio fixemos una práctica para estudar o CICLO DA AUGA
"Conxunto de procesos polos que pasa a auga da atmosfera a superficie terrestre, de aí aos seres vivos e a hidrosfera, e de novo regresa a atmosfera"
Na montaxe que vemos nas fotos, o acendedor de gas representa ao sol. A cantidade de auga que hai no vaso de precipitados representa as augas superficiais do planeta, e dentro do vaso hai unha molécula da auga (formada por dous átomos de hidróxeno e un de osíxeno), aínda que sabemos que nese vaso habería centos de moléculas.
Unha vez que saía vapor puxemos un vidro de reloxo enriba, simulando a unha capa da atmosfera máis fría, e o vapor ao arrefriar pasou a auga líquida(condensación) levantamos o vidro e caían gotas (precipitacións)
Na práctica anterior que fixemos no laboratorio démonos unha idea de cómo estaba repartida a auga polo planeta terra, e decatámonos de que a cantidade de auga doce era moi baixa respecto ao total da auga, pero aínda así sería suficiente para satisfacer as necesidades de todas as poboacións do mundo:
- Si se distribuíra de xeito regular polas rexións do mundo
- Si todos os países tiveran mais ou menos os mesmos recursos para poder xestionar a accesibilidade a mesma
- Si as persoas fixéramos un uso correcto e responsable da auga da que dispoñemos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario