"Moita xente pequena, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas, pode cambiar o mundo"
Eduardo Galeano

Blogue de Myriam Morán para as materias Igualdade de xénero e Educación para o desenvolvemento

10 de xan. de 2018

A BATALLA POLO VOTO FEMININO EN ESPAÑA DURANTE A II REPÚBLICA: CLARA CAMPOAMOR E VICTORIA KENT 5

O debate sobre a Constitución de 1931 seguía... Axiña chegou o momento de decidir sobre o dereito a voto da muller, ao que se opuñan especialmente os Republicanos e Partido Radical, pois consideraban prematuro outorgarlle o voto ao sector da poboación mais influido pola igrexa. Pensaron que a República estaría en perigo có voto das mulleres. Mais Clara Campoamor, en contra do seu propio partido (o radical), e co apoio de Acción Nacional (dereita) e o PSOE, apostaban polo voto feminino. A outra muller da cámara, Victoria Kent (Izquierda republicana) votou en contra. Entre os que votan a favor neste clip está o sadense Ramón Suarez Picallo. Os argumentos a prol da inferioridade da muller no comezo da secuencia, corresponden ao coruñés Roberto Novoa Santos da Federación Republicana Galega
Despois de moitos debates, ao fin, o 1 de outubro de 1931, a teimuda Clara Campoamor conseguiu un obxectivo histórico. Por 161 votos a favor e 121 en contra, as mulleres poderán votar nas seguintes eleccións de 1933, por vez primeira na historia de España.
Clara Campoamor, la mujer olvidada (Laura Mañá, 2011)

Ningún comentario:

Publicar un comentario