"Moita xente pequena, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas, pode cambiar o mundo"
Eduardo Galeano

Blogue de Myriam Morán para as materias Igualdade de xénero e Educación para o desenvolvemento

7 de xan. de 2018

BALANCE DO ANO 2017

Hoxe fai tres días que rematou o ano 2017, e con el marcharon as vidas de 48 mulleres víctimas da violencia machista en España. Cando nos referimos a esta cifra, hai que ter en conta que só están incluídas as que foron asasinadas por mans das súas parellas e ex-parellas.
A esta cifra, poderíamos incluírlle xs 8 menores que tamén foron asasinadxs polas parellas ou ex-parellas das súas nais, sen esquecer as múltiples violacións que se produciron (estímase que cada oito horas se produce unha violación no noso país, o que nos deixa con máis de un millón de mulleres/ nenas afectadas neste ano).
A situación está verdadeiramente fóra de lugar, non podemos permitir que esto ocorra. É algo impensable, unha auténtica barbaridade o que está sucedendo. Estannos matando e moitas persoas nin se decatan ou polo menos non loitan para que non ocorra.
Cada vez máis xente se está unindo á loita, pero non chegamos, necesitamos máis xente. É verdadeiramente necesario irradicar esto que está sucedendo, canto antes mellor.
Se poidera, diríalle a esas 48 mulleres que seguiremos loitando por elas e para que o que lle ocorreu a elas non lle ocorra a ninguén máis.
Todxs xuntxs podemos!!!

Paula Noya

https://www.instagram.com/p/Bda5HuYhckR/

Ningún comentario:

Publicar un comentario