Comezamos o ano así porque somos Diana Quer, somos a rapaza dos San Fermíns, somos as 48 mulleres asesinadas polas súas parellas ou ex-parellas e os 8 nenxs mortxs a mans de seus pais por vinganza cara ás súas nais, somos xs 27 nenxs orfxs a causa da violencia de xénero, somos tamén eses centos de mulleres e nenas acosadas polos seus compañeiros. E por último somos mulleres, mozas, nenas e estamos fartas de que os homes nos traten coma se fósemos inferiores, coma se non foramos niguén. Fartas de cando somos pequenas escoitar de cotío comentarios que nos cambian e ao crecer non poder levar a cabo as nosas decisións, opinións e gustos porque " pode ser perigoso". Fartas de ter medo cando imos soas para casa. Estamos FARTAS. Porque sí, temos peitos e vulva, sí, pero iso non dá dereito a ninguén a maltratarnos. NIN UNHA MÁIS.
A(R)MATE MULLER
Ningún comentario:
Publicar un comentario