"Moita xente pequena, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas, pode cambiar o mundo"
Eduardo Galeano

Blogue de Myriam Morán para as materias Igualdade de xénero e Educación para o desenvolvemento

20 de xan. de 2018

A ROUPA

Esta imaxe é dunhas portas dos baños dun bar que se chama "La Liga", onde son moi futboleiros; é na zona vella de Santiago.
Diferenciades a porta dos homes e a das mulleres, verdade? Sabedes por que? Polos estereotipos que nos rodean e que estamos afeitos a escoitar. "As mulleres son as arregladas, as dos bolsos, tacóns, etc.. e os homes os de tenis e chandal".
Cada persoa ten que encontrar a súa comodidade deixando de lado a opinión da xente. A simple vista identificamos o aseo das mulleres co sinal do tacón e o dos homes coa bota plana.
Que ocurriría se un home fora vestido "feminino"? Tería que entrar no baño das mulleres? Un home tería que poder levar tacóns e seguir sendo considerado un home, e ó revés tamén: unha muller non arreglada de xeito "feminino" tería que entrar no aseo co sinal da bota de fútbol plana? A resposta é NON. A sociedade ten que romper cos estereotipos tanto na roupa coma todos os do noso arredor. Calquera persoa debería poder vestir con pantalón ou falda sexa home ou muller.
Moitas veces a forma de vestir das persoas se relaciona coa sua orientación sexual. Polo simple feito de levar un bolso ou maquillaxe, a xente pensa que son homosexuais. Parece que nos molesta que vistan así. Ou se unha moza xoga ó fútbol, moita xente pensa que é lesbiana. Temos moito que avanzar. As mulleres no pasado loitaron para que poideramos poñer un pantalón e a xente de hoxe en día ten que se dar conta de que debemos seguir loitando para que cada persoa, sexa home ou muller poida levar posto todo o que se lle antoxe. PORQUE SOMOS LIBRES DE VESTIR COMO QUERAMOS.

Alba Rey


Ningún comentario:

Publicar un comentario