"Moita xente pequena, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas, pode cambiar o mundo"
Eduardo Galeano

Blogue de Myriam Morán para as materias Igualdade de xénero e Educación para o desenvolvemento

29 de xan. de 2015

FAROIS CHINESES




As orixes das lanternas chinesas pódense rastrexar ata o ano 230 a.C
As lanternas chinesas orixináronse arredor do ano 230 a.C . Hoxe en día utilízanse para celebracións e conmemoracións. Algunha vez creuse que escorrentaban aos espíritos malignos, segundo sosteñen séculos de antigas tradicións, e simbolizan o pasado e o futuro de China. 
SIGNIFICADO DA COR
As lanternas chinesas poden ser de calquera cor, pero tradicionalmente úsase o vermello combinado con outras cores. Cada cor ten o seu propio significado, pero dependendo do contexto, este pode cambiar. O vermello representa felicidade e boa sorte, o branco pureza, vellez e sabedoría. O amarelo e o dourado representan ao primeiro emperador pero tamén simbolizan á terra e o loito. O azul está asociado á inmortalidade, mentres que o negro representa honestidade así como tamén morte ou mala fortuna.
SÍMBOLO DE BOA SORTE
Os símbolos da boa sorte son importantes na cultura chinesa, polo que as lanternas están decoradas con debuxos ou caligrafía que os representa. Alguén que queira que lle vaia ben nun exame decorará unha lanterna cun sabio barbudo, mentres que alguén que busque un futuro mellor poñerá na súa lanterna o símbolo dunha muller cunha froita. Os morcegos vermellos representan a boa fortuna.

Ningún comentario:

Publicar un comentario