O día 4 de marzo tivemos a representación dunha obra teatral no salón de acto do colexio.
Veu o grupo de teatro “As 100tolas”. A través da súa peza teatral “A viaxe de Ana” presentan unha situación de abuso e opresión que, entre todo o público asistente, debemos resolver.
Favorecer a participación e protagonismo do alumnado é clave e forma parte da aposta metodolóxica deste proxecto.
O teatro foro é unha das técnicas do TO (quizais a máis emblemática) onde a barreira entre o escenario e a platea é suprimida polo diálogo. Conta unha escena teatral baseada en feitos reais, na cal as persoas oprimidas e opresoras entran en conflito, de xeito claro e obxectivo, na defensa dos seus desexos e intereses. No enfrontamento, a persoa oprimida fracasa e o público é estimulado por quen exerce de Curinga (a persoa facilitadora do TO) a entrar en escena, substituír á persoa protagonista (a oprimida) e a buscar alternativas para o problema que se acaba de representar. Así consigue transformar ao e público en protagonista da acción dramática.
“A viaxe de Ana” conta a historia dunha muller que decide emigrar na busca dunha vida mellor. A súa é unha viaxe longa. Na súa maleta garda recordos e ilusión por un futuro. Unha ilusión que pronto será atropelada por unha sociedade hostil, atrozmente individualista e que só busca proveito propio.
Ningún comentario:
Publicar un comentario