"Moita xente pequena, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas, pode cambiar o mundo"
Eduardo Galeano

Blogue de Myriam Morán para as materias Igualdade de xénero e Educación para o desenvolvemento

16 de set. de 2015

ALIMENTOS QUILOMÉTRICOS

XOVES 24 DE SETEMBRO 
1º e 2º DE ESO

Centro de Educación Ambiental "As Corcerizas"
S.Mamede km10-Arnuide (Ourense)


O actual modelo de produción e distribución, ligado a un estilo de vida consumista, agóchanos a realidade que a nosa alimentación implica moitas veces: unha xigante pegada de carbono, a depreciación da calidade dos produtos  ao viaxar miles de quilómetros ata chegar a nosa mesa, ou os impactos ambientais e sociais que a produción desde produto leva asociados.

O obxectivo é fomentar unha toma de consciencia sobre a problemática alimentaria, e promover alternativas de consumo que reduzan os custos ambientais, sociais, e tamén financeiros da nosa alimentación. Consumir produtos locais e de calidade é posible, é factible e sobre todo é saudable para ti e para o teu entorno.

Ningún comentario:

Publicar un comentario