"Moita xente pequena, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas, pode cambiar o mundo"
Eduardo Galeano

Blogue de Myriam Morán para as materias Igualdade de xénero e Educación para o desenvolvemento

11 de abr. de 2018

ACNUR

Tras 7 anos de guerra en Siria máis de 3 millóns de nenos dependen de ACNUR para sobrevivir. ACNUR apoia aos máis vulnerables. Hoxe en díe xa son 11,4 millóns as persoas que fuxiron das súas casas.
O Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Refuxiados (ACNUR, en inglés UNHCR, United Nations High Commissioner for Refugees) é o organismo das Nacións Unidas encargado de protexer aos refuxiados e desprazados por persecucións ou conflitos, e promover solucións duraderas á súa situación, mediante o reasentamiento voluntario no seu país de orixe ou no de acolleita. Ten a súa sé en Xenebra, Suiza, e ten máis de 250 oficinas repartidas por todo o mundo en 125 países. O dereito ao asilo e refuxio é contemplado na Declaración Universal de Dereitos Humanos:
En caso de persecución, toda persoa ten dereito a buscar asilo, e a gozar del, en calquera país.
Este dereito non poderá ser invocado contra unha acción xudicial realmente orixinada por delitos comúns ou por actos opostos aos propósitos e principios das Nacións Unidas.
En recoñecemento ao seu labor, ACNUR recibiu o Premio Nobel da Paz en 1954 e 1981, e foi galardonado co Premio Príncipe de Asturias en 1991.

Ningún comentario:

Publicar un comentario