"Moita xente pequena, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas, pode cambiar o mundo"
Eduardo Galeano

Blogue de Myriam Morán para as materias Igualdade de xénero e Educación para o desenvolvemento

5 de out. de 2017

11 de OUTUBRO: DÍA INTERNACIONAL DAS NENAS

Nacións Unidas declarou o 11 de outubro como o día internacional das nenas. O obxectivo é dicirlle ao mundo que millóns de nenas non teñen acceso a dereitos humanos básicos e que investir nas nenas é a clave para erradicar a pobreza. Mellorar a súa educación, o acceso a sanidade, facelas protagonistas da súa vida. Darlles as nenas unha voz, una oportunidade, un futuro pode cambiar o mundo.

Fai un poster en A4 (tamaño folio) presentando os dereitos das nenas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario