"Moita xente pequena, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas, pode cambiar o mundo"
Eduardo Galeano

Blogue de Myriam Morán para as materias Igualdade de xénero e Educación para o desenvolvemento

17 de xan. de 2020

ATOPA O VERDADEIRO AMOR. 4: bANCO

Capítulo 4: Banco

Si algunha vez pensaches... que é normal que critique a túa forma de vestir ou o gorda que estás... ou que é normal que te chame continuamente para saber onde estás, ou que é normal que sexa celoso e ata che gusta, ou que é normal que queira estar todo o día contigo e non che deixe estar con ninguén máis, ou que é normal que nunca che exprese os seus sentimentos ou non che pida perdón porque os mozos son así... Empeza a pensar por que pensas iso. É probable que o escoitases ás túas amigas, que o teu ideal de amor leve a pensar que ten que ser así, que leas centos de tests en revistas que din cousas parecidas entre as súas claves para conseguir a parella ideal, ou que sintas que é mellor estar con alguén que soa... Pero é importante pensar si esas claves, esas formas que nos venden do amor valen para ti... ou non, o teu prefires construír outras. Porque todas, todos, non queremos nin necesitamos o mesmo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario