"Moita xente pequena, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas, pode cambiar o mundo"
Eduardo Galeano

Blogue de Myriam Morán para as materias Igualdade de xénero e Educación para o desenvolvemento

23 de feb. de 2015

FEBRERO: MES DA HISTORIA NEGRA EN EEUU

Febrero é o mes para honrar a historia negra nos EEUU e a todas as persoas que loitan polos dereitos civis e en contra do racismo.
Na clase de inglés,Christian explicounos esta historia: a esclavitude, a loita polos dereitos civis, quen foron os líderes máis importantes.
Aquí deixamos as suas presentacións.
diaspora*.



22 de feb. de 2015

DÍA DA PAZ

Uns días despois, cando o tempo o permitiu, lanzamos ao aire os nosos faroliños e limos os nosos manifestos.

MURAL DOS ODM

Unha das primeiras actividades en 1º foi coñecer os obxectivos do milenio. Repartimos os 8 obxectivos en parellas e limos sobre cada un deles. Despois dun traballo de busca da información en internet por parellas, fixemos este mural para a clase e unha presentación oral na clase de PRI.

18 de feb. de 2015

ACHEGÁNDONOS A OUTRAS CULTURAS: Guinea Bissau

Na materia de ética en 4º investigamos sobre alguns países en vías de desenvolvemento. Así coñecimos o seu sistema de goberno, a súa tase de mortalidad, alfabetización e outros aspectos da súa cultura como a gastronomía e festas tradicionais. Estas é as presentación que fixemos sobre Guinea Bissau.

Guinea Bissau_

More presentations from pritrazo


6 de feb. de 2015

CONSTRUCIÓN DAS LANTERNAS CHINESAS

O mércores 29 pola tarde os grupos de 2º, 3º e 3º PDC construiron os faroliños para lanzar ao aire o día da paz. Aquí tedes unha presentación coas fotos do proceso.

2 de feb. de 2015

Día da Paz e outras celebracións


As nenas e nenos da clase de 1º da ESO,  con motivo da celebración do día “DÍA INTERNACIONAL DA PAZ” o 30 de Xaneiro,  decatámonos  de  que hai moitos feitos que acontecen no mundo dos que non saberíamos nada se non fose porque as  Nacións Unidas   asinan unha data para recordar dito acontecemento e concienciar a Sociedade de que hai que actuar  de xeito activo para poder construir  entre todos Nós, un mundo mellor.
Aquí presentamos o noso raballo sobre algunhas desas celebracións e  deixamos neste día 30 de Xaneiro: "Día da Paz" unha frase de Gandhi para a reflexión:  

Mahatma Gandhi: " Lo más atroz de las cosas malas y de la gente mala es el silencio de la gente buena"



29 de xan. de 2015

FAROIS CHINESES




As orixes das lanternas chinesas pódense rastrexar ata o ano 230 a.C
As lanternas chinesas orixináronse arredor do ano 230 a.C . Hoxe en día utilízanse para celebracións e conmemoracións. Algunha vez creuse que escorrentaban aos espíritos malignos, segundo sosteñen séculos de antigas tradicións, e simbolizan o pasado e o futuro de China. 
SIGNIFICADO DA COR
As lanternas chinesas poden ser de calquera cor, pero tradicionalmente úsase o vermello combinado con outras cores. Cada cor ten o seu propio significado, pero dependendo do contexto, este pode cambiar. O vermello representa felicidade e boa sorte, o branco pureza, vellez e sabedoría. O amarelo e o dourado representan ao primeiro emperador pero tamén simbolizan á terra e o loito. O azul está asociado á inmortalidade, mentres que o negro representa honestidade así como tamén morte ou mala fortuna.
SÍMBOLO DE BOA SORTE
Os símbolos da boa sorte son importantes na cultura chinesa, polo que as lanternas están decoradas con debuxos ou caligrafía que os representa. Alguén que queira que lle vaia ben nun exame decorará unha lanterna cun sabio barbudo, mentres que alguén que busque un futuro mellor poñerá na súa lanterna o símbolo dunha muller cunha froita. Os morcegos vermellos representan a boa fortuna.

27 de xan. de 2015

DÍA DA PAZ

Unha de cada cinco persoas nas rexións en desenvolvemento sigue vivindo con menos de 1,25 dólares al día; ol empleo precario nos países do Sur representa o 56% de todo oempleo (10% nos do Norte); 842 millóns de persoas sufren fame crónica; 300.000 mulleres mueren por causas relacionadas co embarazo ou o parto; 748 millones de persoas utilizan fontes de auga non apta para o consumo.

O venres, no recreo, para conmemorar o día da paz, lanzamos ao ceo  faroliños chineses.
Os farolilños voladores nacen na tradición chinesa como vehículo para elevar os desexos da xente ata o máis alto do ceo e lograr así que se fixeran realidade.

Con estas linternas, nós, o día da paz, lanzamos ao aire os nosos desexos, para que as condicións de vida no planeta melloren para todos os seres humanos e que non exista tanta desigualdade social, económica , en definitiva, para  lograr un mundo mellor e máis xusto.
Aquí tedes o texto que cada curso escribiu para este día, baseado nas 6 prioridades que sinalamos na enquisa de participación da ONU.