"Moita xente pequena, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas, pode cambiar o mundo"
Eduardo Galeano

Blogue de Myriam Morán para as materias Igualdade de xénero e Educación para o desenvolvemento

11 de maio de 2018

CONTRA A HOMOFOBIA EN TRAZO

Hoxe pola mañán descobrimos que houbera un acto homófobo no instituto. Agachados na cobardía do anonimato, forzaron a porta, e cometendo un acto vandálico, estropearon o noso cartel a favor da diversidade e roubaron a bandeira LGTB. A cobardía da xente homófoba que o fixo, non quedou sen resposta.
No recreo o club de igualdade e alumnado de 4º,respostaron e manifestaron a súa repulsa enchendo de novo o espazo, amosando así que




EN IGUALDADE, NIN UN PASO ATRÁS!
NINGUNHA ACCIÓN SEN RESPOSTA!

MES DA DIVERSIDADE EN TRAZO

Celebramos o mes da diversidade en Trazo, con moitas actividades de educación afectivo-sexual e en contra da homofobia.

1 de maio de 2018

A VER SI LO HE ENTENDIDO BIEN. ¿MACHISMO? ¿DÓNDE?

Moi Camacho utiliza la ironía en clave de humor, en esta analogía sobre el machismo. ¿Lo pillas?

NON XUSTIFIQUES UNHA AGRESIÓN

Hai moitos xeitos de culpabilizar a unha vítima. Hai moitos xeitos de xustificar unha agresión.
Unha sociedade sana é a que está de parte da v´tima, non do agresor.