"Moita xente pequena, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas, pode cambiar o mundo"
Eduardo Galeano

Blogue de Myriam Morán para as materias Igualdade de xénero e Educación para o desenvolvemento

11 de maio de 2018

CONTRA A HOMOFOBIA EN TRAZO

Hoxe pola mañán descobrimos que houbera un acto homófobo no instituto. Agachados na cobardía do anonimato, forzaron a porta, e cometendo un acto vandálico, estropearon o noso cartel a favor da diversidade e roubaron a bandeira LGTB. A cobardía da xente homófoba que o fixo, non quedou sen resposta.
No recreo o club de igualdade e alumnado de 4º,respostaron e manifestaron a súa repulsa enchendo de novo o espazo, amosando así que




EN IGUALDADE, NIN UN PASO ATRÁS!
NINGUNHA ACCIÓN SEN RESPOSTA!

Ningún comentario:

Publicar un comentario