"Moita xente pequena, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas, pode cambiar o mundo"
Eduardo Galeano

Blogue de Myriam Morán para as materias Igualdade de xénero e Educación para o desenvolvemento

21 de abr. de 2015

WATER FOR ÁFRICA NA MARATÓN DE PARÍS

En África as mulleres percorren cada día esta distancia para coller auga potable: isto é o que di esta pancarta que levaba este domingo Sabatou Sanneh, de Gambia, na Maratón de París, cunha garrafa na cabeza, coincidindo co inicio do Foro Mundial da Agua que se celebrou en Corea del Sur ata o próximo día 17. Siabatou Sanneh quería chamar a atención sobre a gran distancia que moitas africanas teñen que percorrer en busca de auga potable e pedir axuda para tratar de reducir esas distancias.
O encontro reúne a institucións, empresas, organizacións ecoloxistas, concellos e entidades sociais co obxectivo de estudar a escaseza de auga potable en moios lugares do planeta.
Os seus esforzos son parte un proxecto máis grande chamado " The Marathon walkers". A campaña da ONG "Water for África" recadará fondos para a construción de bombas de auga no seu pobo natal e noutros lugares.
Water for Africa busca axudar ao acceso de auga potable segura. De acordo á ONG, Gambia aínda necesita de duascentas a trescentas bombas de auga para alcanzar as necesidades da poboación. Esta necesidade absoluta é moi cara e a acción de Siabatou Sanneh foi parte dos plans para pedir donativos. Por cada 5$, podes comprar 40 metros para a perforación dun pozo de auga.
Segundo un dos co-fundadores da organización, Sheryl Greentree, a acción tamén é importante para mostrar o contraste entre a riqueza de París e a pobreza de África. En consecuencia, a súa organización en Gambia xa financiou a construción de bombas de auga 120 a un prezo de 4.900 Euros.

Ningún comentario:

Publicar un comentario