"Moita xente pequena, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas, pode cambiar o mundo"
Eduardo Galeano

Blogue de Myriam Morán para as materias Igualdade de xénero e Educación para o desenvolvemento

13 de mar. de 2018

8 MARZO: PREMIOS DE PUBLICIDADE MAZÁ PODRE AOS ANUNCIOS MÁIS MACHISTAS. 1ª EDICIÓN

Para rematar o acto, o club de igualdade presentou a 1ª edición dos premios "Mazá Podre" aos anucios máis machistas.
O premio consiste en 1 mazá podre, abucheo e pitada. 

Clica aquí para continuar vendo o acto e a presentación dos premios dos anuncios que elixiron.





TANIA: Por último, queríamos comentarvos unha novidade desta avaliación. Nós os 4, xunto con Myriam, creamos un clube de Igualdade.
Este clube fixémolo coa finalidade de darnos de conta de todo o machismo co que vivimos, e sabelo identificar mellor. Comentamos diversos temas dos que  poderíamos falar, e decidimos comenzar pola publicidade, xa que é algo moi habitual nas nosas vidas.


PAULA: Remataremos coa 1º Edición dos premios “Mazá Podre” aos anuncios máis machistas.


DAMIÁN:  Non foi fácil a decisión, pero… concedemos o terceiro premio ao anuncio da campaña de Atún Calvo Cuídales sin que se den cuenta, que recibirá unha mazá podre e un abucheo,..


PAULA:Neste anuncio, destacan moitas cousas, entre elas:
Por ser muller temos que ter bos peitos. Temos que servirlle os nosos maridos,
temos que coidalos. E sen que se note, no vaia a ser.
DAMIÁN: Atún Calvo, entendo que busquedes chamar a atención ao máximo posible para vender pero o machismo podédelo aforrar.
PAULA: As mulleres non necesitamos que ninguén decida por nós que temos que comer e cómo de delgadas temos que estar. É un pouco humillante para as mulleres e a xente gorda, pero ao voso rollo campeóns!


TANIA:  O segundo premio consistente en dúas mazás podres, abucheo e pitada…..
para as galletas  Princesa, as máis sabrosas.
MARÍA: Quererás dicir as máis rosas, non?
TANIA: Sí… niso tés razón.
MARÍA: Este anuncio de galletas é moi machista,  porque xa nos inculcan unha serie de valores dende ben cativas. Para empezar preséntalas como un dulce sólo para nenas.


TANIA: Empezando polo nome “Princesa”. Por ser nenas temos que andar con rosa. Sempre, sempre, sempre temos que ser como unhas princesas. Non nos podemos despeinar, lastimarnos. Temos que chorar cando nos doe algo, cando nos sentimos mal ou cando nos berran. Temos que ser SUPER amigas. Podemos xogar pero con coidado, ao fútbol xa nin probalo, que nos lastimamos, mellor con bonecas. Necesitamos das demais rapazas para pasalo ben. As nenas gústanos sempre coidar, como a nena do anuncio no seu can. Temos que ir sempre a última moda. Ir ben peinadas e arregladas. E para o colmo,  as galletas teñen forma de corazón. Coma nós, que por ser nenas, temos que ter corazón de princesa.


MARÍA:  E por último, o primeiro premio ao anuncio máis machista consiste en tres mazás podres, abucheo e pitada para o anuncio de Invictus:
      DAMIÁN:  Aquí vemos maravillosamente ben  os roles atribuidos pola sociedade tanto aos homes como ás mulleres.


Imos fixarnos no  home:
El fai unha entrada triunfal. Actúa con superioridade e é moi vanidoso.
E vistes a súa mirada? Desafiante e escéptico.
Faise o chulo, altivo e soberbio. Ten un xesto enérxico: destructor, destrúe aos xogadores de porcelana.
O que o anuncio nos está vendendo, ademáis da colonia, claro, e un modelo de home. Rapaces, xa sabedes,  se comprades esta colonia, non cabe ningunha dúbida de que vos convertirá en un home triunfador e de moito éxito coas rapazas. Seredes fortes, musculosos e poderosos. Serás un ganador, un triunfador. Sempre victorioso.
Crédelo?


MARÍA:  Veamos agora o papel da  muller:


Son consideradas un obxecto neste anuncio.
As mulleres espérano semi-desnudas. Ten as mulleres que el queira, e ao seu pé, ao seu mercer.
Son unha recompensa á súa victoria. Caen rendidas aos pés do home.
Levan unha tela vaporosa que se lles cae cando pasa o home triunfador.
As mulleres no final desnúdanse ante el, polo simple feito de levar o trofeo no ombro. Imaxe da muller que da pena. O que nos vende é que as mulleres non somos máis que unha cousa, o premio que recibe o home polo seu poder e éxito.


Hasta aquí a 1º edición dos premios  “Mazá podre”. Esperámosvos o ano que ven.
                                             María, Damián, Tania e Paula

Ningún comentario:

Publicar un comentario