"Moita xente pequena, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas, pode cambiar o mundo"
Eduardo Galeano

Blogue de Myriam Morán para as materias Igualdade de xénero e Educación para o desenvolvemento

15 de mar. de 2018

8 MARZO: VIDEOS DE 2ºESO

A representación da obra de teatro de 2º ESO, seguíronlle dous videos creación de alumnas tamén de 2º.
O cartel foi a colaboración de Lucía, Uxía e Alicia da clase de plástica.
Aquí deixamos os dous videos xunto coa presentación que elas mesmas fixerondas súas creacións e un enlace para continuar vendo o acto do 8 M.







A MIÑA HISTORIA NON SERÁ ASÍ.

Esta é a historia dunha moza
Unha moza coma ti e coma min
Unha historia que inventamos, pero que é moi real
Unha historia que non vai ser a nosa historia.



Á(R)MATE MULLER
Nin unha máis.
É un berro revindicativo.
Somos Diana Quer, somos a rapaza dos San Fermíns, somos as 48 mulleres asesinadas polas súas parellas ou ex-parellas o ano pasado e os 8 nenxs mortxs a mans de seus pais por vinganza cara ás súas nais.
Somos xs 27 nenxs orfxs no 2017 a causa da violencia de xénero. Somos tamén eses centos de mulleres e nenas acosadas polos seus compañeiros. E por último somos mulleres, mozas, nenas e estamos fartas de que os homes nos traten coma se fósemos inferiores, coma se non foramos ninguén.
Fartas de cando somos pequenas escoitar de cotío comentarios que nos cambian e ao crecer non poder levar a cabo as nosas decisións, opinións e gustos porque " pode ser perigoso". Fartas de ter medo cando imos soas para casa. Estamos FARTAS. Porque sí, tem os peitos e vulva, sí, pero iso non dá dereito a ninguén a maltratarnos.
A revolución ha de empezar xa. Unha revolución de homes e mulleres, de mozas e mozos loitando xuntos para ser iguais, para non ter que vivir con medo, para poder VIVIR, só vivir.

NIN UNHA MÁIS.



Ningún comentario:

Publicar un comentario