Os Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio establecéronse no ano 2000 co fin de alcanzar oito obxectivos de loita contra a pobreza para 2015. Desde entón, conseguíronse melloras moi importantes con relación á consecución dos ODM, pero queda moitísimo por facer. Por esta razón a ONU ddecide redefinilos e pon o 20130 como o ano límite para a súa consecución.
17 Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable propostos son:
1. Erradicar a pobreza en todas as súas formas en todo o mundo
2. Poñer fin á fame, conseguir a seguridade alimentaria e unha mellor nutrición, e promover a agricultura sustentable
3. Garantir unha vida saudable e promover o benestar para todos para todas as idades
4. Garantir unha educación de calidade inclusiva e equitativa, e promover as oportunidades de aprendizaxe permanente para todos
5. Alcanzar a igualdade entre os xéneros e empoderar a todas as mulleres e nenas
6. Garantir a dispoñibilidade e a xestión sustentable da auga e o saneamento para todos
7. Asegurar o acceso a enerxías alcanzables, fiables, sustentables e modernas para todos
8. Fomentar o crecemento económico sostido, inclusivo e sustentable, o emprego pleno e produtivo, e o traballo decente para todos
9. Desenvolver infraestruturas resilientes, promover a industrialización inclusiva e sustentable, e fomentar a innovación
10. Reducir as desigualdades entre países e dentro deles
11. Conseguir que as cidades e os asentamentos humanos sexan inclusivos, seguros, resilientes e sustentables
12. Garantir as pautas de consumo e de produción sustentables
13. Tomar medidas urxentes para combater o cambio climático e os seus efectos (tomando nota dos acordos adoptados no foro da Convención Marco das Nacións Unidas sobre o Cambio Climático)
14. Conservar e utilizar de forma sustentable os océanos, mares e recursos mariños para lograr o desenvolvemento sustentable
15. Protexer, restaurar e promover a utilización sustentable dos ecosistemas terrestres, xestionar de maneira sustentable os bosques, combater a desertificación e deter e reverter a degradación da terra, e frear a perda de diversidade biolóxica
16. Promover sociedades pacíficas e inclusivas para o desenvolvemento sustentable, facilitar acceso á xustiza para todos e crear institucións eficaces, responsables e inclusivas a todos os niveis
17. Fortalecer os medios de execución e reavivar a alianza mundial para o desenvolvemento sustentable
Ningún comentario:
Publicar un comentario