Wangari Maathai (1940-2011)
Bióloga keniata,
coñecida en Africa como “nai da defensa do medio ambiente”. Foi profesora na
universidade de Nairobi, a pesar do escepticismo e a oposición dos estudantes
varóns, foi a prisión en distintas ocasións. Foi parlamentaria no seu país,
tamén é ministra de Medio Ambiente, Recursos Naturais e Vida Salvaxe.
Maathai fundou en
1977 o movemento Green Belt (Cinto Verde), creado para frear a deforestación e
conseguinte desertización do seu país, que plantou máis de 30 millóns de
árbores. Este traballo é levado adiante maioritariamente por mulleres que ao
recibiren unha paga por plantar árbores, teñen mellores posibilidades de
atender aos seus fillos e fillas. Este movemento desenvolveuse ata converterse
nun modelo de actuación en materia de reforestación, emancipación feminina e
desobediencia civil.
Recibiu en 2004 o premio Nobel da Paz pola súa colaboración
ao desenvolvemento sustentable, á democracia e á paz.
“Un bo entorno vital é
absolutamente necesario para lograr a paz na terra".
Ningún comentario:
Publicar un comentario