Benvidas e benvidos ao novo curso.
Este curso imos investigar sobre algunhas mulleres importantes na historia da humanidade, e así poder ter un coñecemento máis amplo e axustado da nosa vida e dos nosos referentes históricos e culturais.
Comezaremos coñecendo a Wangari Maathai, unha muller keniana que ante a situación de desforestación do seu país comezou plantando unhas árbores no patio da súa casa, iniciando así o Movemento do Cinto Verde, chegando a ser responsable da plantación de máis de 45 millóns de árbores en todo o país e tamén co fin de mellorar a calidade de vida das mulleres.
Wangari Maathai creouse moitos inimigos na súa loita, pois se enfrontou a proxectos inmobiliarios que necesitaban a destrución de bosques, denunciando a corrupción no seu país no que os intereses particulares primaron sobre a preservación dos recursos naturais. !En cantos lugares sucede o mesmo!istoria de superación e loita por salvar a terra.
Cando fundou o movento "Cinturón Verde" nons anos 70, foi maltratada pola policía, pero moi comprometida co seu proxecto declarou: O Estado cre que ameazándome e golpeándome pode reducirme ao silencio, pero teño unha pel de elefante e fai falta que alguén fale alto e claro.
Activista política e ecoloxista é un exemplo para todos os seres humanos.
A Wangari, coñecida como a Muller árbore, concedéronlle o premio Nobel da Paz no ano 2004 pola súa contribución á paz mundial a través do Movemento do Cinto Verde. No seu discurso dixo: "debemos axudar á Terra a curarse das súas feridas e, durante o proceso, curar tamén as nosas, para recibir cos brazos abertos toda a creación con toda a súa diversidad, beleza e marabillas".
De nena destacou na escola e concedéronlle unha beca para estudar en Estados Unidos, alí obtivo a licenciatura e o máster en Ciencias Biolóxicas. Vitalista e segura de sí mesma, regresou a Kenia e realizou o doctorado na Universidade de Nairobi, sendo a primeira muller de África Oriental en conseguilo. Centrou o seu traballo no medio ambiente e así foi implicándose na loita contra a pobreza e o fame e por mellórar a situación das mulleres. Foi catedrática nesta universidade e membro do Parlamento de Kenia como viceministra de medio ambiente. Morreu no 2011.
"Comecei traballando como científica aplicada á investigación dos problemas alimentarios, emprendín estudos sobre o ciclo da vida do parásito que se transmitía a través das garrapatas e mentres recollía mostras fixeime en que os ríos ían cheos de limo. Aquilo non sucedía cando era pequena. Polo tanto había pouca herba e non contiña os nutrientes necesarios. O chan non cumpría as súas funcións. Aquelas mulleres non dispoñían de leña para facer lume nin para levantar cercas, non tiñan penso para o gando, auga para beber ou cociñar, nin suficiente comida para elas e as súas familias. Entón fíxolleme evidente que a maior ameaza era a degradación do medio ambiente. De súpeto todo cobrou sentido?, reflexionaba Wangari ao pouco tempo de chegar á súa terra".
"Si vas ao campo en África verás que son as mulleres quen cultivan a terra, van buscar auga, coidan aos fillos, aos maiores. Por iso era para min natural traballar con elas", opina Wangari. "A miña idea inicial era plantar árbores que proporcionasen ás mulleres leña, froitos e materiais de construción para as súas casas. Pero o que ocorreu?, segue explicando, é que as necesidades descritas polas mulleres eran en realidade síntomas doutros problemas como a deforestación ou a propia situación das mulleres e desta forma fomos profundando en temas como a degradación do medio ambiente, a malnutrición, as enfermidades. Deime conta de que, aínda que parecen problemas distintos, están conectados".
Le o conto "El sueño de Wangari" aquí.
Premio Nobel da Paz no ano 2014. Le sobre ela aquí
Podes ler máis sobre ela aquí.
Ningún comentario:
Publicar un comentario